ACTIVIDADES 2017

6.1   Nadal  

Aproveitando as vacacións dos rapaces, prográmase unha serie de actividades dende o 19 de decembro ata 6 de xaneiro, dirixidas os rapaces entre 5 e 14 anos, encamiñadas a recuperar tradicións de cando nos tiñamos a sua idade, que co tempo fóronse perdendo:

  • Montaxe do Belén.-  Montarase polos mais pequenos dirixidos por algúns directivos, no lavadoiro publico o primeiro fin de semana de vacacións, aproveitando as figuras doutros anos.
  • Concurso de tarxetas do Nadal.-  Dáselle a cada neno unha cartolina, ceras e carboncillo para que faga  debuxo relacionado co Nadal, para despois facer un calendario para regalarlle a todos os veciños, os participantes regalaráselle unha merenda.
  • Instalación das luces do Nadal nas rúas.- Instalaranse 3 arcos luminosos na rúa das Curuxeiras, a entrada, a saída e no medio do pobo.

6.2  Festas Patronais

Prográmanse unha serie de actividades tanto festivas como lúdicas e recreativas, dende o 9 de xaneiro, ata o 3 de febreiro, tendentes a conseguir que  as nosas festas patronais na honra de San Brais, sexan cada ano mellores e do agrado de tódolos veciños, os días de actividades serán os seguintes:

  • Sábado  21 de xaneiro:

16:00 h.   Campionato de Tute.

20:30 h    Campionato de futbolin.

  • Venres 27 de xaneiro:

20:00 h.    Campionato de mus.

  • Sábado 28 de xaneiro:

16:00 h.   Campionato de subastado.

20:30 h.   Campionato de dardos

  • Domingo 29 xaneiro:

16:00 h.  Campionato de tute feminino

  • Venres 3 de febreiro:

20:30 h.  Misa.

21:30 h.  Cea de San Brais.

23:30 h.  Verbena a cargo do grupo “Angel America”.

  • Sábado 4 de febreiro:

09:00 h.  Pasarúas a cargo da charanga “Entre Amigos”.

16:30 h.  Campionato de chave feminino.

20:00 h.  Misa en honra a San Brais.

20:30 h.  Festa amenizada pola orquestra “Charleston “.

23:30 h.  Tirada de fogos de lacería a cargo da pirotecnia “La Gallega”.

24:00 h.  Verbena amenizada polo orquestra “Charleston “.

  • Domingo 5 de febreiro:

12:45 h.  Misa e procesión en honra a San Brais.

14:00 h.  Sesión vermout a cargo da orquestra “Alaska”.

16:30 h. Campionato de chave.

18:00 h.  Festa amenizada pola orquestra “Alaska”.

22:30 h.  Entrega de premios.

6.3  Entroido

Prográmanse unha serie de actividades para os días 6, 7, e 9 de febreiro, dirixidas a tódolos veciños co obxectivo de fomentar a unión entre todos e a recuperar antigas tradicións.

  • Sábado 25  de febreiro:

14:00 h.  Xantar tradicional do Entroido, no campo da festa, cuns bos grelos, cachucha, lacón, chourizos

               e viño da terra, o prezo será de 10 euros para adultos e gratis para os nenos.

18:30 h.  Concurso de disfraces.

19:00 h.  Festa popular a cargo dun DJ.

21:00 h.  Cea gratis para tódolos participantes.

  • Domingo 26 de febreiro:

17:30 h.  Participación no desfile de entroido de Ourense cunha carroza e unha comparsa.

  • Martes 28 de febreiro:

17:00 h.  Participación no desfile de entroido de Barbadas cunha carroza e unha comparsa.  

6.4   11-M

Prográmanse unha serie de actos para o luns 11 de marzo, co obxectivo de rememorar o brutal atentado de 1994 en Madrid e homenaxear as vítimas e familias dos mortos e feridos, así como a tódalas vítimas do terrorismo.

  • Actos:

19:25 h. Recepción de autoridades.

19:30 h. Comezo do acto cunha alocución do presidente da asociación.

19:35 h. Ofrenda floral por parte dos nenos do pobo.

19:40 h. Dous minutos de silencio

19:45 h. Invitación a un aperitivo na cafetería social a tódolos asistentes.

6.5   Día do Socio

Programase como sempre para o último sábado do mes de abril, no que se celebrara o aniversario da fundación da asociación; Este ano cúmprense 29 dende aquel 9 de marzo de 1988 que se fundou, e por tal motivo realizaranse unha serie de actos encamiñados a render homenaxe os socios mais antigos e maiores. O prezo será de 10 euros para os socios e gratis para os rapaces

  • Actos:

14:00 h. Recepción de autoridades.

14:10 h. Entrega de placas os socios que cumpren 25 anos de antigüidade.

14:15 h. Nomeamento de socios de honra.

14:20 h. Nomeamento de socios predilectos.

14:30 h. Xantar de irmandade.

16:00 h. Xogos para os nenos.

18:00 h. Festa popular a cargo dun grupo musical.

6.6  VI Andaina  Santa Mariña- Curuxeiras

Programase  por sexto ano consecutivo, unha andaina conxunta coa asociación de veciños de Santa Mariña do Monte para o sábado día 6 de maio, con saída do campo da festa das Curuxeiras as 11 da maña, punto de avituallamento no Pazo de Monterrei, e chegada as 13:30 o campo da festa de Santa Mariña, onde se agasallará  os participantes cun detalle e un xantar campestre. A inscrición será de 2 euros para os adultos e gratis para os rapaces.

Haberá dous percorridos:

Verde.- de 10 kilometros con paso por Cotoriño, As Bombarreiras, Belmonte, Cemiterio, Pazo de Monterrei (avituallamento), A Medorra, Pazos de San Clodio, Autos Gonzalez e campo da festa das Curuxeiras,.

Roxo.- de 18 kilometros con paso por Cotoriño, Zaín, Bemposta, Sansillao, Belmonte, Cemiterio, Pazo de Monterrei (avitauallamento), A Medorra, Pazos de San Clodio, Autos Gonzalez e campo da festa das Curuxeiras.

6.7  San Xoán

Programase para a noite de 23 de xuño, cunha cea a base de sardiñas, churrasco, chourizos, pan e viño,  a media noite prendemos unha fogaza, para que salten os mais atrevidos e unha queimada, todo isto acompañado de boa musica. O prezo será de 10 euros para os adultos e gratis para os rapaces.

6.8  Excursión de verán

Programase para o mes de xuño, a Ferrol, a que poden asistir tódolos socios e veciños que o desexen,  con saída pola maña en autocar dende as Curuxeiras as 7:30 horas, parada para almorzas na Cañiza e chegada a Ferrol as 10:30 horas, Visita a unha fragata F-100 e o museo naval, xantar as 14:30 horas no restaurante O gitano en Valdoviño, pola tarde visita por Ferrol e saída para Ourense as 19:30 horas.  O número de prazas e de 50, o prezo será de 30 euros para os adultos, os rapaces menores de 16 anos gratis.

6.9  IV Festa dos callos

Programase para o día 7 de outubro as 14:30 horas no campo da festa, o menú será a base de mexillóns e callos, poderá participar tódolos socios e veciños que o desexen. O prezo será de 10 euros para os adultos e gratis para os rapaces.

6.10  Semana cultural

Programase dende o día 28 de outubro ata o 1 de novembro, na que pretendemos desenrolar unha serie de actividades lúdicas, culturais e deportivas, dirixidas tanto a xoves como a maiores, co obxectivo de potenciar a convivencia e o compañeirismo, e ó mesmo tempo recuperar antigas tradicións.

  • Concurso de debuxo, tema “O Nadal”.
  • Concurso de redacción, tema “O Entroido”.
  • Triangular de fútbol saa xuvenil.
  • Campionato de chave, infantil, xuvenil e adultos.
  • Xogos de mesa, adultos (tute,subastado e dominó).
  • Campionato de fútbolin.
  • Xogos para rapaces (turra-soga, pita cega, carreira de sacos, etc.).
  • Obradoiro de cabazas.

6.11  Magosto

Programase para o día 11 de novembro as 14:30 horas no campo da festa, no que poderán participar tódolos socios e veciños que o desexen, degustaranse os produtos típicos da época: chourizos, castañas, churrasco, críollos e bo viño, e pola tarde contaremos coa actuación dun grupo musical. O prezo será de 10 euros para os adultos, e gratis para os rapaces.

6.12   Equipo de chave

Participará coma tódolos anos na liga municipal de chave, copa deputación, torneos de Nadal, corpus e Santiago, así como naqueles que se organicen nas festas dos pobos dos arredores e da propia asociación.

6.13  Cursos

Programase coa vontade de formar cada día os nosos rapaces nas tecnoloxías da información, e os nosos maiores en cursos que fomenten a unidade veciñal, unha serie de cursos que se solicitarán a Concellería de Participación Cidadá como son: un curso de informática para os máis pequenos e un de cociña e un de informatica para os adultos.


Volver
 
06/10/2018

FESTA DOS CALLOS 2018

23/06/2018

SAN XOAN 2018

02/06/2018

VIAXE CULTURAL 2018

05/05/2018

VIII ANDAINA STA MARIÑA-CURUXEIRAS

28/04/2018

DIA DO SOCIO E SEMANA CULTURAL 2018

11/03/2018

11-M

10/02/2018

ENTROIDO 2018

03/02/2018

FESTAS SAN BRAIS 2018

 

 

05/01/2018

NADAL 2018

11/11/2017

MAGOSTO 2017

30/10/2017

SEMANA CULTURAL 2017

07/10/2017

FESTA DOS CALLOS 2017

23/06/2017

SAN XOAN 2017

10/06/2017

VIAXE CULTURAL 2017

06/05/2017

VII ANDAINA STA. MARIÑA-CURUXEIRAS 2017

29/04/2017

DIA DO SOCIO 2017

25/02/2017

ENTROIDO 2017

03/02/2017

SAN BRAIS 2017

02/01/2017

NADAL 2017

12/11/2016

MAGOSTO 2016

08/10/2016

VI FESTA DOS CALLOS

23/06/2016

SAN XOAN 2016

04/06/2016

VIAXE CULTURAL 2016

07/05/2016

VI ANDAINA SANTA MARIÑA CURUXEIRAS

30/04/2016

DIA DO SOCIO 2016

06/02/2016

ENTROIDO 2015

20/01/2016

FESTAS SAN BRAIS 2016

24/12/2015

NADAL 2015-2016

14/11/2015

MAGOSTO 2015

24/10/2015

XXVII SEMANA CULTURAL

10/10/2015

V FESTA DOS CALLOS

28/08/2015

DENUNCIA LIMPEZA VIARIA

23/06/2015

NOITE DE SAN XOAN 2015

13/06/2015

VIAXE CULTURAL A VIGO E BAIONA

09/05/2015

V ANDAINA STA MARIÑA CURUXEIRAS

25/04/2015

DIA DO SOCIO

11/03/2015

11-M 2015

14/02/2015

ENTROIDO 2015

03/02/2015

FESTAS SAN BRAIS 2015

06/01/2015

NADAL 2015

08/11/2014

MAGOSTO 2014

31/10/2014

XXVI SEMANA CUTURAL

04/10/2014

IV FESTA DOS CALLOS

04/10/2014

VIAXE CULTURAL

23/06/2014

SAN XOAN 2014

13/06/2014

DENUNCIA LIMPEA VIARIA CURUXEIRAS

10/05/2014

IV ANDAINA SANTA MARIÑA - CURUXEIRAS

26/04/2014

DIA DO SOCIO 2014

21/04/2014

ESCRITO DENUNCIA O CONCELLO SOBRE A LIMPEZA VIARIA

11/03/2014

11-M 2014

11/03/2014

ESCRITO DENUNCIA LIMPEZA

05/10/2013

III FESTA DOS CALLOS

04/08/2013

Denuncia incumprimentos no servicio de limpeza no pobo das Curuxeiras

10/11/2012

SAN MARTIÑO 2012

20/10/2012

II FESTA DOS CALLOS

15/09/2012

EXCURSION A GUARDA