CAPÍTULO I  DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- Denominación:

Constitúese no pobo das Curuxeiras, pertencente ó concello de Ourense unha asociación de veciños, baixo o nome de  “LAXAS, sometese a lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, ás disposicións legais vixentes, ademais dos presentes estatutos.

Artigo 2º.- Personalidade xúridica:

A asociación de veciños “LAXAS”, acollida ás disposicións legais vixentes, é unha entidade con personalidade xurídica propia, que goza de plena capacidade para: adquirir, posuír, gravar e enaxenar toda clase de bens, así coma para o cumprimento dos fins previstos nos presentes estatutos.

Artigo 3º.- Domicilio, ámbito territorial e duración:

O domicilio da asociación, radicará no pobo das Curuxeiras, rúa da Torre 2B, poderase variar por acordo da asemblea xeral, sendo notificado o rexistro de asociacións. O ámbito territorial circunscríbese ó concello de Ourense.
A asociación constitúese por tempo indefinido, e só se disolverá por acordo da asamblea xeral ou por calquera das causas previstas na lei.

CAPÍTULO II DOS SOCIOS

Artigo 4º.- Altas:

Para darse de alta na asociación, bastará con solicitalo a xunta directiva. Non será excluínte para formar parte da asociación: o sexo, estado civil, raza, relixión, conviccións políticas, ou calquera outra discriminación.

Artigo 5º.- Baixas:

Causarase baixa na asociación polos seguintes motivos:

  1. Por petición do interesado.
  2. Por falecemento do interesado.

Artigo 6º.- Expulsión:

Serán motivos de expulsión:

  1. O impago de duas cotas de socio a finalización  do prazo voluntario, fixando como tal, o día 1 de maio de cada ano, previo apercibimento da xunta directiva.
  2. O incumprimento dos estatutos.
  3. A utilización da asociación con fins lucrativos ou alleos os específicos da mesma.

A expulsión do socio será acordada pola xunta directiva, e este poderá recorrer a asemblea xeral no prazo dun mes a partir da data de notificación da súa expulsión.

Artigo 7º.- Clases:

 A asociación estará constituída polos seguintes tipos de socios: activos, de honra e protectores.

  1. Serán socios activos, cantas persoas físicas, veciños do pobo ou con intereses nel, maiores de 18 anos que estando en pleno uso das súas facultades mentais, o desexen; sendo competencia e responsabilidade da xunta directiva a súa admisión.
  2. Serán socios de honra as persoas que considere oportuno designar a asemblea xeral a proposta da xunta directiva, como recoñecemento a relevantes servizos prestados ó pobo.
  3. Serán socios protectores, tódalas persoas físicas ou xurídicas, que non cumprindo as condicións do apartado a) demostren un interese denotado pola asociación. Será competencia da xunta directiva a súa admisión

Artigo 8º.- Dereitos:

Serán dereitos dos socios:

  1. Elixir e ser elixible para tódalas funcións representativas da asociación.
  2. Ter voz e voto nas asembleas.
  3. Tomar parte en tódalas actividades da asociación e utilizar os servizos que poidan establecerse en beneficio dos socios.
  4. Dirixir peticións e promover iniciativas ós órganos de goberno da asociación.
  5. Recadar e recibir da xunta directiva, canta información precisen sobre a xestión asociativa.
  6. Asistir a tódalas reunións e actos convocados pola xunta directiva.

Artigo 9º.- Deberes:

Serán deberes dos socios:

  1. Colaborar activamente no cumprimento dos fins e a eficacia na execución dos mesmos.
  2. Observar e cumprir os estatutos da asociación e os acordos da asemblea xeral.
  3. Contribuír economicamente ó sostemento da asociación na forma que se estableza na asemblea xeral.

Artigo 10º.- Fíns:

A asociación constitúese para os seguintes fins:

  1. Atender ás necesidades sociais e familiares de cantos integren a asociación, en todo o referente a urbanismo, cultura, deporte, e calquera outra actividade que poida beneficiar ós asociados.
  2. Promover no seu caso, dentro das normas sinaladas na lexislación vixente ou que no futuro puideran ditarse, as accións necesarias para garantir os intereses dos asociados.
  3. Conseguir a través da xunta directiva ou das comisións que esta cree, tódalas subvencións dos organismos de goberno e entidades públicas, e as axudas que poidan aceptarse legalmente de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, que poidan beneficiar a asociación.

Artigo 11º.-

Para o mellor cumprimento dos seus fins, a asociación poderase integrar en: Federacións, Agrupacións, Confederacións ou outras entidades de ámbito superior.

CAPITULO III DOS ORGANOS DE GOBERNO

Artigo 12º.- Organos:

A asociación estará rexida polos seguintes órganos: asemblea xeral e xunta directiva.

SECCION PRIMEIRA: ASAMBLEA XERAL

Artigo 13º.- definición:

A asemblea xeral é o órgano soberano da asociación e estará integrada por tódolos socios activos. As súas sesións poderán ser ordinarias ou extraordinarias.

Artigo 14º.- Sesión ordinaria:

A asemblea xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria unha vez o ano no mes de decembro, e nela trataranse:

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación da memoria anual.
  3. Aprobación do  estado de contas.
  4. Aprobación do presuposto anual-
  5. Aprobación dos proxectos e actividades.
  6. Todos aqueles asuntos que a xunta directiva crea convenientes no beneficio da asociación

Artigo 15º.- Sesión extraordinaria:

A asemblea xeral extraordinaria, reunirase cando o estime conveniente o presidente ou o soliciten o vinte cinco por cento dos socios activos, e nela trataranse:

  1. Elección dos membros á xunta directiva.
  2. Aprobación ou modificación dos estatutos.
  3. Acordar a disolución da asociación.
  4. Aqueles que soliciten o 25 % dos socios activos.
  5. Todos aqueles que estime convenientes a xunta directiva en beneficio da asociación

 Artigo 16º.- Convocatorias:

Tódalas convocatorias faranse por carta, con oito días de antelación, indicando data e lugar de celebración, e a orde do día que se someterá a votación. Farase constar a reunión da asemblea en segunda convocatoria, entre a primeira e segunda haberá un intervalo de media hora.

Artigo 17º.- Constitución:

A asemblea xeral, tanto ordinaria coma extraordinaria quedará constituída, en primeira convocatoria cando asistan a metade máis un dos socios activos, e en segunda convocatoria simplemente cos que se encontren presentes, sempre que o seu número supere o 20% dos socios activos.

Artigo 18º.- Acordos:

Tódolos acordos serán tomados por maioría absoluta dos socios activos presentes, e ademáis do anterior será necesario o voto favorable de dous tercios dos socios activos presentes para adoptar as seguintes disposicións:

  1. Enaxenación de bens.
  2. Disolución da asociación.
  3. Modificación dos estatutos.

SECCION SEGUNDA: XUNTA DIRECTIVA

Artigo 19º.- Definición:

A xunta directiva, é o órgano encargado da administración da asociación, o seu mandato será de dous anos. As vacantes que se produzan, poderá a xunta directiva cubrilas provisionalmente ata que se celebre a primeira reunión da asemblea xeral extraordinaria Estará composta por:

  • 1 Presidente.
  • 1 Vicepresidente 1º.
  • 1 Vicepresidente 2º.
  • 1 Secretario
  • 1 Tesoureiro
  • 3 Vocais como mínimo.
  • Os acordos adoptaranse por maioría absoluta dos seus membros.

Artigo 20º- Candidatos:

Poderán ser candidatos a Xunta Directiva:

  1. os socios activos que figuren no censo electoral
  2. os socios protectores que teñan unha antiguidade de mais de 10 anos e que conten coa sinatura de 15 socios activos.

O sistema de elección será de listas abertas,con candidaturas individuais, que deberán conter nome e apelidos, número do D.N.I. e número de socio, as que presenten os socios protectores, ademais deberán vir asinadas por 15 socios activos.
As candidaturas, presentaranse o secretario da Asociación, no prazo que se fixe pola Xunta Directiva.

Artigo 21º.- Sesións

As sesión da xunta directiva poderán ser ordinarias. As sesión ordinarias celebraranse unha vez o mes, e as extraordinarias cando sexan convocadas polo presidente ou por solicitude do 25% dos directivos.

Artigo 22º.- Constitución:

A xunta directiva quedara validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a metade mais un dos seus membros. E en segunda convocatoria, calquera que sexa o seu numero, sempre que superen un terzo da mesma.

Artigo 23º.- Acordos:

Os acordos da xunta directiva, adoptaranse por maioría simple dos votos favorables dos membros presentes, cando os votos positivos superen os negativos; non obstante requiriran a maioría dos dous terzos dos votos favorables dos membros presentes, os acordos relativos a expulsión de sociose enaxenación de bens.

Artigo 24º.- Funcións:

As funcións da xunta directiva serán as seguintes:

  1. Representar á asociación.
  2. Executa-los  acordos adoptados pola asemblea xeral
  3. Presentar á asemblea xeral ordinaria os presupostos, contas, memoria de xestión e programa anual de actividades.
  4. Todos aqueles que non sendo encomendados expresamente á asemblea, sexan conformes á lei

A xunta directiva poderá valerse na súa xestión de asesores que colaboren no cumprimento dos seus fins que poderán asistir ás sesións da mesma, con voz pero sen voto.

Artigo 25º.- Cargos:

A xunta directiva será a encargada de elexir o: presidente, vicepresidentes, secretario, e tesoureiro entre os membros que se presenten os cargos, por maioría absoluta.
Poderá acordar o cese de calquera cargo polo mesmo procedemento e maioría polo que foi elixido.

Artigo 26º.- Presidente:

O presidente ostentará a representación da asociación e responderá ante a asemblea da xestión realizada pola xunta directiva; convocará e presidirá as reunións da asemblea e da xunta directiva.
Asinará xunto co tesoureiro o libro de contas, libramentos de pago, talóns, etc.. e xunto co secretario os libros de: actas,  socios, e calquera outro tipo de libro ou documento que non sexa encomendado ó tesoureiro.
Recibirá no nome da Asociación calquera cantidade prevéñente de subvencións e doazóns, de entidades públicas ou privadas, ou de calquera persoa física.

Artigo 27.- Vicepresidente 1º:

O Vicepresidente 1º, substituirá o Presidente nas súas funcións en caso de enfermidade, ausencia ou dimisión. Representarao en actos institucionais, cando así o designe.
Será o encargado de coordinar os grupos de traballo ou comisións que se establezan.

Artigo 27.- Vicepresidente 2º:

O Vicepresidente 2º, substituirá o Presidente nas súas funcións en caso de enfermidade, ausencia ou dimisión, cando non estee o Vicepresidente 1º. Será o encargado de coordinar os grupos de traballo ou comisións que se establezan.
 
Artigo 28º.- Secretario:

O secretario atenderá as comunicacións e a correspondencia, e levará os libros de actas, socios e calquera outro tipo de documentos que non sexan encomendados o tesoureiro. Ademais librará certificacións, custodiará o arquivo e redactará as actas das asembleas e da xunta directiva.

Artigo 29º.- Tesoureiro:

O tesoureiro estará encargado de recadar e conservar os fondos da asociación, levara o libro de caixa e asinará xunto co presidente os libramentos, talóns, etc.. e elaborará o balance e estado das contas e o proxecto de presuposto que a xunta directiva debe presentar á asemblea xeral ordinaria.

Artigo 30º.-  Vocais
Corresponde os vocais auxiliar a calquera dos cargos e substituílos nas súas funcións cando fose necesario, e tamén poderán recibi-lo encargo de presidir  grupos de traballo ou comisións.

CAPÍTULO IV  DO REXIME ECONOMICO

Artigo 31º.- Patrimonio:

A asociación carece de patrimonio fundacional; o patrimonio social que se constitúa estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins sociais.
A administración do patrimonio corresponde á xunta directiva. O presuposto anual no poderá exceder dos 60.000 euros.
  
Artigo 32º.- Recursos economicos:

Os recursos económicos consisten nas cotas dos asociados, as rendas do patrimonio, subvencións, legados e doazóns que legalmente poidan aceptarse de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras que acorden concedelas.
O importe das cotas dos socios será dun mínimo (a determinación do cal e competencia da asemblea xeral a proposta da xunta directiva), sen embargo os socios poderán establecer a súa propia cota, sempre que o seu importe sexa superior ó mínimo establecido.
A asociación, a través da xunta directiva, poderá conceder ou solicitar subvencións ou préstamos con destino á realización dos seus fins estatutarios.

CAPITULO V DISOLUCIÓN E LIQUIDACION

Artigo 33º.- Disolución:

A asociación disolverase por vontade dos socios activos, expresada en asemblea xeral convocada a tal efecto así como polas causas determinadas no artigo 38 do código civil ou por sentencia xudicial firme. O acordo de disolución adoptarase por maioría dos dous terzos dos votos dos socios presentes.

Artigo 34º.- Liquidación:

A disolución da asociación abre un período de liquidación ata o fin do cal a entidade conservará a súa personalidade xurídica.

A asemblea xeral que acorde a disolución nomeará unha comisión liquidadora integrada por tres membros, que se encargará da liquidación do patrimonio social, destinando o seu importe a fins benéficos do pobo que a comisión estime convenientes, previa autorización da asemblea xeral.

Don Adrián Bautista Fernández secretario da asociación de veciños “LAXAS” a que se refiren os presentes estatutos, CERTIFICA: que os presentes estatutos foron modificados por acordo da asemblea xeral extraordinaria de data 11 de maio de 2012.

En Ourense a 11 de Maio de 2012.

Visto e Prace
O PRESIDENTE

Asdo. José Manuel García Casares.

Acta fundacional
Est.1989
Est.2004
Est.2012
06/10/2018

FESTA DOS CALLOS 2018

23/06/2018

SAN XOAN 2018

02/06/2018

VIAXE CULTURAL 2018

05/05/2018

VIII ANDAINA STA MARIÑA-CURUXEIRAS

28/04/2018

DIA DO SOCIO E SEMANA CULTURAL 2018

11/03/2018

11-M

10/02/2018

ENTROIDO 2018

03/02/2018

FESTAS SAN BRAIS 2018

 

 

05/01/2018

NADAL 2018

11/11/2017

MAGOSTO 2017

30/10/2017

SEMANA CULTURAL 2017

07/10/2017

FESTA DOS CALLOS 2017

23/06/2017

SAN XOAN 2017

10/06/2017

VIAXE CULTURAL 2017

06/05/2017

VII ANDAINA STA. MARIÑA-CURUXEIRAS 2017

29/04/2017

DIA DO SOCIO 2017

25/02/2017

ENTROIDO 2017

03/02/2017

SAN BRAIS 2017

02/01/2017

NADAL 2017

12/11/2016

MAGOSTO 2016

08/10/2016

VI FESTA DOS CALLOS

23/06/2016

SAN XOAN 2016

04/06/2016

VIAXE CULTURAL 2016

07/05/2016

VI ANDAINA SANTA MARIÑA CURUXEIRAS

30/04/2016

DIA DO SOCIO 2016

06/02/2016

ENTROIDO 2015

20/01/2016

FESTAS SAN BRAIS 2016

24/12/2015

NADAL 2015-2016

14/11/2015

MAGOSTO 2015

24/10/2015

XXVII SEMANA CULTURAL

10/10/2015

V FESTA DOS CALLOS

28/08/2015

DENUNCIA LIMPEZA VIARIA

23/06/2015

NOITE DE SAN XOAN 2015

13/06/2015

VIAXE CULTURAL A VIGO E BAIONA

09/05/2015

V ANDAINA STA MARIÑA CURUXEIRAS

25/04/2015

DIA DO SOCIO

11/03/2015

11-M 2015

14/02/2015

ENTROIDO 2015

03/02/2015

FESTAS SAN BRAIS 2015

06/01/2015

NADAL 2015

08/11/2014

MAGOSTO 2014

31/10/2014

XXVI SEMANA CUTURAL

04/10/2014

IV FESTA DOS CALLOS

04/10/2014

VIAXE CULTURAL

23/06/2014

SAN XOAN 2014

13/06/2014

DENUNCIA LIMPEA VIARIA CURUXEIRAS

10/05/2014

IV ANDAINA SANTA MARIÑA - CURUXEIRAS

26/04/2014

DIA DO SOCIO 2014

21/04/2014

ESCRITO DENUNCIA O CONCELLO SOBRE A LIMPEZA VIARIA

11/03/2014

11-M 2014

11/03/2014

ESCRITO DENUNCIA LIMPEZA

05/10/2013

III FESTA DOS CALLOS

04/08/2013

Denuncia incumprimentos no servicio de limpeza no pobo das Curuxeiras

10/11/2012

SAN MARTIÑO 2012

20/10/2012

II FESTA DOS CALLOS

15/09/2012

EXCURSION A GUARDA