O POBO DAS CURUXEIRAS

O pobo das Curuxeiras, e un pequeno núcleo rural de apenas 250 veciños, situado o sueste do concello de Ourense, o que pertence. Chegase a el pola estrada provincial 501 que antigamente discorría dende o Xardín do posío ata o Cumial, pasando polas actuais rúa Galicia, rúa Ramón Puga, Rairo, Zaín e Curuxeiras.

Ainda que dos orixes do pobo, se leva investigado pouco, o que si e verdade e que ten varias construcións singulares, coma un torreón con arco románico do século XIII, ou unha capela cun retablo do século XVII. Etimoloxicamente a palabra Curuxeiras, ven de Curuxa, ou sexa lugar de curuxas.

Recentemente no arquivo municipal, atopámonos cuns documentos do catastro de ensenada do ano 1752, que fai referencia o pobo, como coto de Curuxeiras e describe  os veciños que o habitaban, as casas coas súas dimensións, ainda en brazas, os paraxes, camiños, e os cultivos prioritarios, que eran o viño, as castañas e o millo, isto pódenos dar unha idea do tipo de arbores que había nas inmediacións, antes de plantar a especie invasiva do piñeiro que hai na actualidade.

Tamén fala dos impostos que había que pagar, pois os terreos pertencían o cabildo da catedral de Ourense, e polo uso das fincas pagábase a trabes do cura unha parte das colleitas

Na actualidade o pobo das Curuxeiras, e un dos mais dinámicos e conservados do rural ourensán e moita culpa desto tena a asociación de veciños que se creou no ano 1988 e transformou totalmente o pobo, non sómente en infraestruturas nun dos mellor dotados, senón tamén na forma de sentir dos seus veciños, orgullosos de vivir nel.

Pasaron aqueles tempos onde os mozos emigraban para a cidade, por carecer o pobo dos servizos mais elementais, auga, sumidoiros, autobús urbano, deixando o pobo practicamente sen nenos; dende fai anos  esa xeración que fuxiu  a cidade esta volvendo,  facendo casas e enchendo o pobo de nenos que e o nos futuro, grazas a que eses servizos básicos xa existen e os rapaces poden ir o colexio sen depender que os teñan que levar os seus pais.

E definitiva, dende que existe a asociación, o noso pobo mellorou a un ritmo impresionante, os veciños séntense mais unidos e colaboradores, sómente dicir que o 95% dos veciños do pobo son socios da asociación.

NACEMENTO DA ASOCIACION DE VECIÑOS “LAXAS”

Era un mes de febreiro ala polo ano 1988, cando a uns cantos amigos fartos de ver como o pobo onde vivíamos non saia do atraso no que se atopaba, da inmobilidade da xente que pese as necesidades que padecía non facía nada por arranxalas, dos políticos que sómente se acercaban cando eran tempos de eleccións, dos “concellos do pobo” que se realizaban moi de cando en vez, onde sómente tiñan dereito a voto os cabezas de familia, da falta de unión entre os veciños, de ver xogar os rapaces na estrada....... en definitiva que levábamos 10 anos de democracia, e non era concebible o que alí estaba pasando, ocorréusenos a idea de crear unha asociación de veciños.

Puxémonos en marcha e creamos unha comisión xestora composta por José Manuel García Casares, José Antonio Bautista Rodríguez, Manuel Rodríguez Álvarez e Julio Araujo García, elaboramos uns estatutos  onde se contemplou o dereito a voto de tódolos socios sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra que atentase contra a constitución, buscámoslle un nome, e decidimos darlle o dun camiño característico do pobo “Laxas”, en alusión o camiño das Laxas, e finalmente  o día 18 de marzo dese mesmo ano, nunha asemblea constituinte, celebrada no baixo dunha casa, na que participaron practicamente tódolos veciños, aprobáronse por unanimidade, nacendo diste xeito a Asociación de Veciños “Laxas”, o mesmo tempo que se elixiu unha xunta directiva, que estivo composta por 9 membros.

O comezo non foi fácil, eramos persoas que nunca estiveramos relacionados co movemento veciñal, e non tiñamos nin idea de por onde empezar. Solicitamos entrevistas con tódalas administracións: Concello, Deputación, Xunta de Galicia..., non tendo a mesma sorte en todos eles, pero todo isto non mermou a ilusión coa que naceramos, senón todo o contrario, loitamos con mais forza para demostrarlle os que non nos recibían, que nos non tiñamos ningún cor politizo, senón que o único que pretendíamos era sacar  o noso pobo do atraso no que se atopaba, e conseguir a base de traballo e esforzo situalo onde lle correspondía.
 
En definitiva esa era a nosa situación, polo que a nosa primeira petición foi dotar o pobo de rede de augas e sumidoiros. Comezamos solicitando unha reunión co alcalde no mes de abril, recibiunos de inmediato, expuxémoslle a nosa problemática, e enseguida chegamos a un acordo, o Concello poría tódolos materiais e maquinaria necesarios e a asociación a man de obra.

Mantivemos unha reunión cos veciños na que se estableceron a forma e cantidade de peonadas que se tiñan que botar, e acordouse que cada  veciño  contribuíse con 6. Empezamos a obra  en maio,  colaboraron a case totalidade dos veciños, os que non puideron pagaron os xornais correspondentes, e por fin en xuño de 1988 quedou instalada a rede de augas e sumidoiros no casco antigo do pobo. A obra consistiu basicamente na colocación de aproximadamente 2.000 metros de tubaria de politileno de 63 mm., e de 1.000 metros de tubaria de fibrotubo de 315 mm.

En anos sucesivos seguindo o mesmo camiño, acometéronse obras coma o local social, cafetería social, pista deportiva, arreglo de rúas e camiños, ampliacións da rede de augas e sumidoiros, depuradora de augas residuais, autobuses, beirarúas, luz pública, campo da festa, capela de San Brais, e multitude de cursos e actividades, ata lograr situar o noso pobo onde sempre quixemos, a altura de calquera barrio da cidade.

06/10/2018

FESTA DOS CALLOS 2018

23/06/2018

SAN XOAN 2018

02/06/2018

VIAXE CULTURAL 2018

05/05/2018

VIII ANDAINA STA MARIÑA-CURUXEIRAS

28/04/2018

DIA DO SOCIO E SEMANA CULTURAL 2018

11/03/2018

11-M

10/02/2018

ENTROIDO 2018

03/02/2018

FESTAS SAN BRAIS 2018

 

 

05/01/2018

NADAL 2018

11/11/2017

MAGOSTO 2017

30/10/2017

SEMANA CULTURAL 2017

07/10/2017

FESTA DOS CALLOS 2017

23/06/2017

SAN XOAN 2017

10/06/2017

VIAXE CULTURAL 2017

06/05/2017

VII ANDAINA STA. MARIÑA-CURUXEIRAS 2017

29/04/2017

DIA DO SOCIO 2017

25/02/2017

ENTROIDO 2017

03/02/2017

SAN BRAIS 2017

02/01/2017

NADAL 2017

12/11/2016

MAGOSTO 2016

08/10/2016

VI FESTA DOS CALLOS

23/06/2016

SAN XOAN 2016

04/06/2016

VIAXE CULTURAL 2016

07/05/2016

VI ANDAINA SANTA MARIÑA CURUXEIRAS

30/04/2016

DIA DO SOCIO 2016

06/02/2016

ENTROIDO 2015

20/01/2016

FESTAS SAN BRAIS 2016

24/12/2015

NADAL 2015-2016

14/11/2015

MAGOSTO 2015

24/10/2015

XXVII SEMANA CULTURAL

10/10/2015

V FESTA DOS CALLOS

28/08/2015

DENUNCIA LIMPEZA VIARIA

23/06/2015

NOITE DE SAN XOAN 2015

13/06/2015

VIAXE CULTURAL A VIGO E BAIONA

09/05/2015

V ANDAINA STA MARIÑA CURUXEIRAS

25/04/2015

DIA DO SOCIO

11/03/2015

11-M 2015

14/02/2015

ENTROIDO 2015

03/02/2015

FESTAS SAN BRAIS 2015

06/01/2015

NADAL 2015

08/11/2014

MAGOSTO 2014

31/10/2014

XXVI SEMANA CUTURAL

04/10/2014

IV FESTA DOS CALLOS

04/10/2014

VIAXE CULTURAL

23/06/2014

SAN XOAN 2014

13/06/2014

DENUNCIA LIMPEA VIARIA CURUXEIRAS

10/05/2014

IV ANDAINA SANTA MARIÑA - CURUXEIRAS

26/04/2014

DIA DO SOCIO 2014

21/04/2014

ESCRITO DENUNCIA O CONCELLO SOBRE A LIMPEZA VIARIA

11/03/2014

11-M 2014

11/03/2014

ESCRITO DENUNCIA LIMPEZA

05/10/2013

III FESTA DOS CALLOS

04/08/2013

Denuncia incumprimentos no servicio de limpeza no pobo das Curuxeiras

10/11/2012

SAN MARTIÑO 2012

20/10/2012

II FESTA DOS CALLOS

15/09/2012

EXCURSION A GUARDA