06/10/2018 FESTA DOS CALLOS 2018

Celebrámola o sábado día 6 de outubro no campo da festa, cun xantar de irmandade a base de, xamón, callos, bica, viño da terra, café e licores, coa finalidade de xuntar cartos para axudar a sufragar as festas de San Brais do 2019, participaron 168 persoas entre veciños, invitados e rapaces, o prezo foi de 10 euros para socios, 15 para non socios e  gratis para os rapaces e invitados.
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear


Volver
 
23/06/2018 SAN XOAN 2018

Realizámola coma sempre a noite do 23 de xuño, na zona recreativa das Bombarreiras, empezamos as oito do serán a carretar as parrillas, taboleiros, e todo o material necesario para facer unha cea campestre a luz da lúa para mais de 140 persoas entre rapaces e maiores.
As 21:30 horas empezamos a dar conta das sardiñas asadas, churrasco, chourizos, pan e viño da terra, rematamos as 23:30 horas e prendemos a tradicional fogaza con madeira que previamente tiñamos amontoada, procedente da limpeza dos arbores do comunal, que saltaron a partir das doce da noite os mais atrevidos, todo isto acompañado dunha queimada e de boa musica ata altas horas da mañá. O prezo foi de 10 euros para socios, 15 para non socios e gratis para os rapaces.


Volver
 
02/06/2018 VIAXE CULTURAL 2018

Este ano realizamos a excursión o día 2 de xuño, o Grove,  saímos das Curuxeiras as 8:30 da maña, un total de 30 persoas, fixemos unha parada de media hora na Cañiza  para almorzar e chegamos  a San Vicente do Mar as 11:00, visitamos o porto deportivo.
As 12:00 emprendemos marcha para a Toxa, donde visitamos a illa, as 14:00 horas xantamos no restaurante O Pinarejo, e unha vez rematamos, desprazamonos  o Groveo onde lle demos tempo libre para visitar a vila, para as 19:30 coller o autobús e emprender regreso,  paramos media hora a merendar na Cañiza e chegamos as Curuxeiras pasadas as 21:30 horas. O prezo foi de 35 euros por persoa adulta os rapaces gratis, no mesmo entrou o almorzo, o xantar e a merenda.


Volver
 
05/05/2018 VIII ANDAINA STA MARIÑA-CURUXEIRAS

Por oitavo ano consecutivo organizamos esta andaina conxuntamente coa asociación de veciños de Santa Mariña, o sábado día 5 de maio, na que tomaron a saída as 11 horas, dende campo da festa das Curuxeiras mais de 120 participantes, que foron obsequiados cunha gorra conmemorativa, entre os participantes atopábanse  varios Concelleiros que estaban invitados a mesma.
A andaina descorreu sen incidentes, chegando tódolos participantes o punto de meta, fixéronse dous percorridos, un de10 km(verde) no que participaron a maioría e outro de15 km(roxo) no que participaron 32 persoas, en ambos percorridos houbo un punto de avituallamento, situado no restaurante Pazo de Monterrei. 
Unha vez rematada a andaina, as 13:30 horas e xa no campo da festa das Curuxeiras, ofrecéuselle os participantes un xantar campestre, a base de empanada, lacón cocido, tortilla, fiambres, pan, viño, cervexa e refrescos. Os percorridos foron:
Verde: Curuxeiras, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Restaurante Pazo de Monterrei (avituallamento), Cemiterio, Belmonte, O Picouto, Sta Mariña, Cotoriño e as Curuxeiras.
Roxo: Curuxeiras, Zaín, Sansillao, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Restaurante Pazo de Monterrei (avituallamento), Cemiterio, Belmonte, Cotoriño, Sta. Mariña, O Picouto e Curuxeiras.


Volver
 
28/04/2018 DIA DO SOCIO E SEMANA CULTURAL 2018

Celebrámolo o sábado día 28 de abril, a partir das 13:30 horas no campo da festa debaixo da carpa que temos instalada, este ano cumpríronse 30 anos dende a fundación da asociación, os actos que se levaron a cabo foron os seguintes:
 Exposición fotográfica XXIX aniversario.-  As 13:30 horas, expúxose unha serie de fotografías das actividades realizadas durante o último ano en paneis colocados no lugar do xantar.
 Recepción de Autoridades.-  Estaban invitados o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación, Presidente da Deputación e medios de comunicación, asistiron o acto  concelleiros dos distintos partidos políticos.
 Entrega de placas os socios de 25 anos de antiguidade.- Fixose entrega por parte das autoridades asistentes o acto, dunhas pracas conmemorativas os socios que levan na asociación 25 anos.
 
 
Entrega de placa o socio predilecto .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa aquel socio que levando mais de 25 anos na asociación, sempre mantivo un vinculo permanente de colaboración coa mesma, recaendo este ano en Don José Antonio Bautista Rodríguez, fixo entrega da mesma o  presidente da Asociación.
Xantar do socio.-
As 14:30 horas, coma tódolos anos, celebrouse o tradicional xantar do socio, no que participaron 162 comensais, cun menú consistente en polbo a feira, carne o caldeiro, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo da entrada foi de 10 euros para os socios e gratis para os rapaces
 Festa popular.-
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Volver
 
11/03/2018 11-M

Como tódolos anos, organizamos na praza de San Brais, o acto homenaxe as vítimas do terrorismo, en especial as falecidas o 11 de marzo de 2004 en Madrid, invitamos os medios de comunicación, autoridades e a tódolos concelleiros, o acto comezou as 19:30 horas cunhas verbas do Presidente, unha ofrenda floral a cargo dos nenos do pobo e dous minutos de silencio; unha vez rematado o acto invitamos a tódolos asistentes a uns pinchos na cafetería social. Estiveron presentes:
Alcalde de Ourense
Vicepresidente da Deputación.
Concelleiros dos distintos grupos políticos
Medios de comunicación
Presidentes de asociacións veciñais.
Veciños


Volver
 
10/02/2018 ENTROIDO 2018

Organizamos o tradicional Entroido os días 10, 11 e 13 de febreiro coa seguinte programación:
Sábado 10 de febreiro:
Xantar do Entroido.- As 14:15 horas, coma tódolos anos, celebramos o tradicional xantar do Entroido, no que participaron 130 comensais, entre socios, políticos, invitados e rapaces cun menú consistente nun cocido de grelos con lacón cachucha e chourizos, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os invitados, políticos e rapaces.
Festa popular.- As 17:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear o cocido que sobrou de mediodía.
Domingo 26 de febreiro:
Por sexto ano consecutivo, participamos no desfile de comparsas do Entroido do Concello de Ourense, para o que decoramos a carroza simulando unha cárcere onde estaban presos os independentistas de Cataluña e os disfraces elixidos foron de policías que custodiaban os presos. participamos 44 compoñentes entre maiores e nenos, no acadamos premio.
 Martes 28 de febreiro:
 
 Aproveitando que xa tiñamos a carroza feita, decidimos participar no desfile de Barbadas


Volver
 
03/02/2018 FESTAS SAN BRAIS 2018
 
 


Con motivo da celebración das festas na honra do noso patrón San Brais, realizáronse unha serie de actividades lúdicas e festivas o longo dos meses de xaneiro e febreiro:
Sábado 21 de xaneiro:
- 16:30 h. campionato de tute, participaron 14 parellas.
- 20:30 h  campionato de futbolín, participaron 10 parellas.
 
Venres 27 de xaneiro:
- 20:00 h. campionato de mus, participaron 10 parellas.
 
Sábado 28 de xaneiro:
- 16:00 h. campionato de subastado, participaron 12 parellas.
- 20:30 h.  Campionato de dardos.
Domingo 29 de xaneiro:
- 17:00 h. campionato de tute feminino, participaron 6 parellas.
 
Venres 3 de febreiro:
- 20:00 h. misa na honra do noso patrón San Brais.
- 21:45 h. cea popular de San Brais, asistiron de 98 comensais.
- 23:30 h. verbena coa actuación do grupo “Angel América”.
Sábado 4 de febreiro:
- 09:30 h. tradicional pasa rúas a cargo da charanga “Entre Amigos”.
- 16:00 h. campionato chave feminino.
- 20:00 h. misa
- 20:00 h. actuación da orquestra  “Israel”.
- 24:00 h. gran tirada de fogos de luces a cargo da pirotecnia “La Gallega”.
- 00:15 h. verbena a cargo da orquestra "Israel”.
 
Domingo 5 de febreiro:
- 13:00 h. misa e procesión na honra de San Brais.
- 13:45 h. sesión vermú a cargo da orquestra “Ledicia”.
- 17:00 h. campionato de chave.
- 18:30 h. actuación da orquestra “Ledicia”.


Volver
 
05/01/2018 NADAL 2018

Como tódolos anos, aproveitando as vacacións que lle dan os rapaces do pobo polo Nadal, realizamos una serie de actividades tendentes a fomentar o espírito destas festas tan entrañables:
 
Instalación das luces do Nadal.- Instaláronse tres luminarias con motivos do Nadal na rúa principal do pobo, a entrada, saída e  no centro do pobo.
 
Montaxe do belén.- O sábado día 19 de decembro, procedeuse por parte dos rapaces do pobo o montaxe do belén no lavadoiro público, coma tódolos anos, axudados por dous directivos e os rapaces maiores.
 
Concurso de tarxetas.- Dende o 1 o 5 de xaneiro, organizouse un concurso de tarxetas, onde participaron 12 rapaces con idades entre 5 e 11 anos, o tema tratou sobre o Nadal,  tódolos tiveron unha axenda escolar de  obsequio e unha merenda; con tódalas tarxetas fíxose un calendario que se e repartiu a tódolos veciños do pobo.
 
Papa Noel.- Preparamos unha carroza engalanada con motivos navideños e disfrazamos a un veciño de papa Noel, chegamos a praza do pobo as 19:30 horas e o papa Noel repartiu regalos a tódolos nenos do pobo que un a un subiron a carroza


Volver
 
11/11/2017 MAGOSTO 2017

Organizamos o tradicional magosto o sábado día 11 de novembro no campo da festa, no que participaron mais de 190 persoas, entre veciños, invitados e rapaces, comezamos as 14:30 horas, coma todos os anos co tradicional xantar do magosto, cun menu consistente en churrasco, criollos, chourizos, panceta, castañas, bica, viño novo, café e licores, o prezo foi de 10 eurosm para os adultos, e gratis para os rapaces e invitados; asistiron varios concelleiros da oposición
Pola tarde dende as 17:00 horas contamos coa actuacion dun DJ, que nos puxo a bailar a nenos e maiores, fixemos un descanso as 21:30 horas para cear.


Volver
 
30/10/2017 SEMANA CULTURAL 2017

Realizouse os dias 28, 29 e 31 de outubro e o 1 de novembro, cunha serie de actividades culturais, recreativas e deportivas nas que participaron de forma masiva maiores xoves e nenos:
Concurso de debuxo.- Participarón coma tódolos anos a practica tolalidade dos nenos do pobo (15) nunha única categoria (de 5 a 11 anos) o tema foi o Nadal, realizouse en formato folio, os materiais empregados forón ceras e carboncillo, houbo regalos para tódolos participantes.
Obradoiro de cabazas de Samaín.- Realizouse por cuarto ano consecutivo no local social, facilitandolle a cada neno unha cabaza, así como os materiais para poder vacialas e as velas para colocar no interior, pola noite colocaronnos nas rúas do pobo e despois obsequiamolos cunha merenda a tódolos participantes.
Campionato de futbolin.- Participaron 10 parellas, deuselle un obsequio a cada participante e un premio os gañadores.


Volver
 
07/10/2017 FESTA DOS CALLOS 2017

Celebramolo o sábado día 7 de outubro no campo da festa, cun xantar de irmandade a base de mexillons, xamón, callos, bica, viño da terra, café e licores, coa finalidade de xuntar cartos para axudar a sufragar as festas de San Brais de 2018, participaron 185 persoas, entere veciños, invitados e rapaces, o prezo foi de 10 euros para os adultos e gratis para os rapaces e invitados.


Volver
 
23/06/2017 SAN XOAN 2017

Realizámola coma sempre a noite do 23 de xuño, na zona recreativa das Bombarreiras, empezamos as oito do serán a carretar as parrillas, taboleiros, e todo o material necesario para facer unha cea campestre a luz da lúa para mais de 150 persoas entre rapaces e maiores.
As 21:30 horas empezamos a dar conta das sardiñas asadas, churrasco, chourizos, pan e viño da terra, rematamos as 23:30 horas e prendemos a tradicional fogaza con madeira que previamente tiñamos amontoada, procedente da limpeza dos arbores do comunal, que saltaron a partir das doce da noite os mais atrevidos, todo isto acompañado dunha queimada e de boa musica ata altas horas da mañá. O prezo foi de 10 euros para socios, 12 para non socios e gratis para os rapaces.


Volver
 
10/06/2017 VIAXE CULTURAL 2017

Este ano realizamos a excursión o día 10 de xuño, a  Arcade,  saímos das Curuxeiras as 8:30 da maña, un total de 38 persoas, fixemos unha parada de media hora na Cañiza  para almorzar e chegamos  a Mondariz as 11:00, visitamos o Balneario.
As 12:30 emprendemos marcha para Arcade, as 14:00 horas xantamos no restaurante Marisqueria Arcade, e unha vez rematamos,  visitamos o porto e a vila, para as 19:30 coller o autobús e emprender regreso,  chegamos as Curuxeiras pasadas as 21:30 horas. O prezo foi de 30 euros por persoa adulta os rapaces gratis.


Volver
 
06/05/2017 VII ANDAINA STA. MARIÑA-CURUXEIRAS 2017

Por sétimo ano consecutivo organizamos esta andaina conxuntamente coa asociación de veciños de Santa Mariña, o día 6 de maio, na que tomaron a saída as 11 horas, dende campo da festa das Curuxeiras mais de 120 participantes, que foron obsequiados cunha gorra conmemorativa, entre os participantes atopábanse  varios Concelleiros que estaban invitados a mesma.                                                               
A andaina descorreu sen incidentes, chegando tódolos participantes o punto de meta, fixéronse dous percorridos, un de 10 km (verde) no que participaron a maioría e outro de 15 km (roxo) no que participaron 40 persoas, en ambos percorridos houbo un punto de avituallamento, situado no restaurante Pazo de Monterrei.
Unha vez rematada a andaina, as 13:30 horas e xa no campo da festa de Sta. Mariña, ofrecéuselle os participantes un xantar campestre, a base de empanada, lacón cocido, tortilla, fiambres, pan, viño, cervexa e refrescos. Os percorridos foron:
Verde: Curuxeiras, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Restaurante Pazo de Monterrei (avituallamento), Cemiterio, Belmonte, O Picouto e Sta Mariña..
Roxo: Curuxeiras, Zaín, Sansillao, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Restaurante Pazo de Monterrei (avituallamento), Cemiterio, Belmonte, Cotoriño e Sta. Mariña..


Volver
 
29/04/2017 DIA DO SOCIO 2017

Celebrámolo o sábado día 29 de abril, a partir das 13:30 horas no campo da festa debaixo da carpa que temos instalada, este ano cumpríronse 29 anos dende a fundación da asociación, os actos que se levaron a cabo foron os seguintes:
Exposición fotográfica XXIX aniversario.-  As 13:30 horas, expúxose unha serie de fotografías das actividades realizadas durante o último ano en paneis colocados no lugar do xantar.
Recepción de Autoridades.-  Estaban invitados o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación, asistiron o acto  concelleiros dos distintos partidos políticos..
Entrega de placa o socio predilecto .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa aquel socio que levando mais de 25 anos na asociación, sempre mantivo un vinculo permanente de colaboración coa mesma, recaendo este ano en Don Angel Rodríguez González, fixo entrega da mesma o  vogal  Manuel Rodríguez Álvarez.
Entrega de placa o socio de honra .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa a Don Dimas Dacosta Fernández, por haber sido nomeado pola asemblea xeral, socio de honra da asociación.
Xantar do socio.-
As 14:30 horas, coma tódolos anos, celebrouse o tradicional xantar do socio, no que participaron 152 comensais, cun menú consistente en polbo a feira, carne o caldeiro, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo da entrada foi de 5 euros para os socios e gratis para os rapaces
Festa popular.-
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Volver
 
25/02/2017 ENTROIDO 2017

Organizamos o tradicional Entroido os días 25, 26 e 28 de febreiro coa seguinte programación:
Sábado 25 de febreiro:
Xantar do Entroido.- As 14:15 horas, coma tódolos anos, celebramos o tradicional xantar do Entroido, no que participaron 130 comensais, entre socios, políticos, invitados e rapaces cun menú consistente nun cocido de grelos con lacón cachucha e chourizos, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os invitados, políticos e rapaces.
Festa popular.- As 17:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear o cocido que sobrou de mediodía.
Domingo 26 de febreiro:
Por quinto ano consecutivo, participamos no desfile de comparsas do Entroido do Concello de Ourense, para o que decoramos a carroza simulando un barco celta e o disfraz elixido foi o de pescadores celtas. participamos 54 compoñentes entre maiores e nenos
Martes 28 de febreiro:
Aproveitando que xa tiñamos a carroza feita, decidimos participar no desfile de Entroido de Barbadas, participamos  32 compoñentes, acadamos o terceiro premio en carrozas.
 


Volver
 
03/02/2017 SAN BRAIS 2017

Con motivo da celebración das festas na honra do noso patrón San Brais, realizáronse unha serie de actividades lúdicas e festivas o longo dos meses de xaneiro e febreiro:
Sábado 21 de xaneiro:
- 16:30 h. campionato de tute, participaron 14 parellas.
- 20:30 h  campionato de futbolin, participaron 10 parellas.
Venres 27 de xaneiro:
- 20:00 h. campionato de mus, participaron 10 parellas.
Sábado 28 de xaneiro:
- 16:00 h. campionato de subastado, participaron 12 parellas.
- 20:30 h.  Campionato de dardos.
Domingo 29 de xaneiro:
- 17:00 h. campionato de tute feminino, participaron 6 parellas.
Venres 3 de febreiro:
- 20:00 h. misa na honra do noso patrón San Brais.
- 21:45 h. cea popular de San Brais, asistiron de 98 comensais.
- 23:30 h. verbena coa actuación do grupo “Angel America”.
Sábado 4 de febreiro:
- 09:30 h. tradicional pasarúas a cargo da charanga “Entre Amigos”.
- 16:00 h. campionato chave feminino, participaron 12 mulleres.
- 20:00 h. misa
- 20:00 h. actuación da orquestra  “Charleston”.
- 24:00 h. gran tirada de fogos de luces a cargo da pirotecnia “La Gallega”.
- 00:15 h. verbena a cargo da orquestra "Charleston”.
Domingo 5 de febreiro:
- 13:00 h. misa e procesión na honra de San Brais.
- 13:45 h. sesión vermout a cargo da orquestra “Alaska”.
- 17:00 h. campionato de chave.
- 18:30 h. actuación da orquestra “Alaska”.


Volver
 
02/01/2017 NADAL 2017

Como tódolos anos, aproveitando as vacacións que lle dan os rapaces do pobo polo Nadal, realizamos una serie de actividades tendentes a fomentar o espírito destas festas tan entrañables:
Instalación das luces do Nadal.- Instaláronse tres luminarias con motivos navideños na rúa principal do pobo, a entrada, saída e  no centro do mesmo.
Montaxe do belén.- O sábado día 19 de decembro, procedeuse por parte dos rapaces do pobo o montaxe do belén no lavadoiro público, coma tódolos anos, axudados por dous directivos e os rapaces maiores.
Concurso de tarxetas.- Dende o 1 o 5 de xaneiro, organizouse un concurso de tarxetas, onde participaron 12 rapaces con idades entre 5 e 11 anos, o tema tratou sobre o Nadal, nomeouse un xurado composto por 4 persoas, para ditaminar a tarxeta gañadora, a que se lle fixo entrega dunha televisión , tódolos tiveron unha axenda escolar de  obsequio e unha merenda; con tódalas tarxetas fíxose un calendario que se e repartiu a tódolos veciños do pobo.
Papa Noel.- Preparamos unha carroza engalanada con motivos navideños e disfrazamos a un veciño de papa Noel, chegamos a praza do pobo as 19:30 horas e o papa Noel repartiu regalos a tódolos nenos do pobo que un a un subiron a carroza.


Volver
 
12/11/2016 MAGOSTO 2016

Organizamos o tradicional Magosto o sábado día 12 de novembro no campo da festa, no que participaron máis de 170 persoas, entre veciños, invitados e rapaces, comezamos  as 14:30 horas, coma tódolos anos, co tradicional xantar do Magosto, cun menú consistente en, churrasco, críollos,  chourizos, panceta, castañas, bica, viño novo, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces e invitados. Asistiron o Alcalde e Concelleiros da oposición..
Pola tarde, dende as 17:00 as 23:00 horas contamos coa actuación dun DJ, que nos puxo a bailar a nenos e maiores facendo un descanso para cear as 21:30 horas.


Volver
 
08/10/2016 VI FESTA DOS CALLOS

Celebrámola o sábado día 8 de outubro no campo da festa, cun xantar de irmandade a base de mexillóns, callos, bica, viño da terra, café e licores, coa finalidade de xuntar cartos para axudar a sufragar as festas de San Brais do 2017, participaron 180 persoas entre veciños, invitados e rapaces, o prezo foi de 10 euros para socios, 12 para non socios e  gratis para os rapaces e invitados.
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Volver
 
23/06/2016 SAN XOAN 2016

Realizámola coma sempre a noite do 23 de xuño, na zona recreativa das Bombarreiras, empezamos as oito do serán a carretar as parrillas, taboleiros, e todo o material necesario para facer unha cea campestre a luz da lúa para mais de 150 persoas entre rapaces e maiores.
As 21:30 horas empezamos a dar conta das sardiñas asadas, churrasco, chourizos, pan e viño da terra, rematamos as 23:30 horas e prendemos a tradicional fogaza con madeira que previamente tiñamos amontoada, procedente da limpeza dos arbores do comunal, que saltaron a partir das doce da noite os mais atrevidos, todo isto acompañado dunha queimada e de boa musica ata altas horas da mañá. O prezo foi de 10 euros para socios, 12 para non socios e gratis para os rapaces.


Volver
 
04/06/2016 VIAXE CULTURAL 2016

Este ano realizamos a excursión o día 4 de xuño, a  Ferrol,  saímos das Curuxeiras as 8:15 da maña, un total de 38 persoas, fixemos unha parada de media hora  para almorzar e chegamos a Ferrol as 11:00, visitamos unha Fragata F-100 e o museo naval.
As 13:30 emprendemos marcha para Valdoviño, as 14:00 horas xantamos no restaurante O Gitano, e unha vez rematamos,  visitamos o porto de Ferrol, para as 19:30 coller o autobús e emprender regreso,  chegamos as Curuxeiras pasadas as 21:30 horas. O prezo foi de 30 euros por persoa adulta os rapaces gratis.


Volver
 
07/05/2016 VI ANDAINA SANTA MARIÑA CURUXEIRAS

Por sexto ano consecutivo organizamos esta andaina conxuntamente coa asociación de veciños de Santa Mariña, o día 7 de maio, na que tomaron a saida as 11 horas, dende campo da festa de Santa Mariña mais de 100 participantes, que foron obsequiados cunha gorra conmemorativa, entre os participantes atopábanse  varios Concelleiros que estaban invitados a mesma.                                                            
A andaina descorreu sen incidentes, chegando tódolos participantes o punto de meta, fixéronse dous percorridos, un de 10 km (verde) no que participaron a maioría e outro de 15 km (roxo) no que participaron 40 persoas, en ambos percorridos houbo un punto de avituallamento, situado no restaurante Pazo de Monterrei.

Unha vez rematada a andaina, as 13:30 horas e xa no campo da festa das Curuxeiras, ofrecéuselle os participantes un xantar campestre, a base de empanada, lacón cocido, tortilla, fiambres, pan, viño, cervexa e refrescos. Os percorridos foron:
Verde: Santa Mariña, Cotoriño, Belmonte, Cemiterio, Pazo de Monterrei (avituallamento), A Medorra, Pazos de San Clodio, Autos Gonzalez, Curuxeiras.
Roxo: Santa Mariña, Cotoriño, Zaín, Curuxeiras, Belmonte, Cemiterio, Pazo de Monterrei (avituallamento), A Medorra, Pazos de San Clodio, Meu Lar, Sansillao, Curuxeiras.


Volver
 
30/04/2016 DIA DO SOCIO 2016

Celebrámolo o sábado día 30 de abril, a partir das 13:30 horas no campo da festa debaixo da carpa que temos instalada, este ano cumpríronse 28 anos dende a fundación da asociación, os actos que se levaron a cabo foron os seguintes:
Exposición fotográfica XXVIII aniversario.-  As 13:30 horas, expúxose unha serie de fotografías das actividades realizadas durante o último ano en paneis colocados no lugar do xantar.
Recepción de Autoridades.-  Estaban invitados o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación, asistiron o acto  concelleiros dos distintos partidos políticos..
Entrega de placa o socio predilecto .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa aquel socio que levando mais de 25 anos na asociación, sempre mantivo un vinculo permanente de colaboración coa mesma, recaendo este ano en Don Angel Rodríguez González, fixo entrega da mesma o  vogal  Manuel Rodríguez Álvarez.
Entrega de placa o socio de honra .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa a Don Dimas Dacosta Fernández, por haber sido nomeado pola asemblea xeral, socio de honra da asociación.
Xantar do socio.-
As 14:30 horas, coma tódolos anos, celebrouse o tradicional xantar do socio, no que participaron 152 comensais, cun menú consistente en polbo a feira, carne o caldeiro, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo da entrada foi de 5 euros para os socios e gratis para os rapaces.
Festa popular.-
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Volver
 
06/02/2016 ENTROIDO 2015

Organizamos o tradicional Entroido os días 6, 7 e 9 de febreiro coa seguinte programación:
Sábado 6 de febreiro:
Xantar do Entroido.- As 14:15 horas, coma tódolos anos, celebramos o tradicional xantar do Entroido, no que participaron 120 comensais, cun menú consistente nun cocido de grelos con lacón cachucha e chourizos, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces.
Festa popular.- As 17:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear o cocido que sobrou de mediodía.
Domingo 15 de febreiro:
Por cuarto ano consecutivo, participamos no desfile de comparsas do Entroido do Concello de Ourense, para o que decoramos a carroza simulando un barco pirata e o disfraz elixido foi o de piratas e bucaneras. participamos 52 compoñentes entre maiores e nenos
Martes 17 de febreiro:
Aproveitando que xa tiñamos a carroza feita, decidimos participar no desfile de Entroido da Valenza, participamos  34 compoñentes


Volver
 
20/01/2016 FESTAS SAN BRAIS 2016

Con motivo da celebración das festas na honra do noso patrón San Brais, realizáronse unha serie de actividades lúdicas e festivas o longo dos meses de xaneiro e febreiro:
Sábado 16 de xaneiro:
- 16:30 h. campionato de tute, participaron 14 parellas.
- 20:30 h  campionato de futbolin, participaron 10 parellas.
Venres 22 de xaneiro:
- 20:00 h. campionato de mus, participaron 10 parellas.
Sábado 23 de xaneiro:
- 16:00 h. campionato de subastado, participaron 12 parellas.
- 20:30 h.  Campionato de dardos.
Domingo 24 de xaneiro:
- 17:00 h. campionato de tute feminino, participaron 6 parellas.
Venres 29 de xaneiro:
- 20:00 h. misa na honra do noso patrón San Brais.
- 21:45 h. cea popular de San Brais, asistiron de 98 comensais.
- 23:30 h. verbena coa actuación do grupo “D´Momento”.
Sábado 30 de xaneiro:
- 09:30 h. tradicional pasarúas a cargo da charanga “Entre Amigos”.
- 16:00 h. campionato chave feminino, participaron 12 mulleres.
- 20:00 h. misa
- 20:00 h. actuación da orquestra  “Panamá”.
- 24:00 h. gran tirada de fogos de luces a cargo da pirotecnia “La Gallega”.
- 00:15 h. verbena a cargo da orquestra "Panamá”.
Domingo 1 de febreiro:
- 13:00 h. misa e procesión na honra de San Brais.
- 13:45 h. sesión vermout a cargo da orquestra “Ledicia”.
- 17:00 h. campionato de chave.
- 18:30 h. actuación da orquestra “Nevada”.M
Mercores 3 de febreiro
- 19:30 h. Misa na honra de San Brais
- 20:00 h. Actuación dun grupo musical.


Volver
 
24/12/2015 NADAL 2015-2016

Como tódolos anos, aproveitando as vacacións que lle dan os rapaces do pobo polo Nadal, realizamos una serie de actividades tendentes a fomentar o espírito destas festas tan entrañables:
Instalación das luces do Nadal.- Encomendóuselle a unha empresa a instalación das luces navideñas que tódolos anos engalanan a rúa principal do pobo, consistente en tres luminarias a entrada, saída e  no centro do pobo.
Montaxe do belén.- O sábado día 19 de decembro, procedeuse por parte dos rapaces do pobo o montaxe do belén no lavadoiro público, coma tódolos anos, axudados por dous directivos e os rapaces maiores. 
Concurso de tarxetas.- Dende o 1 o 5 de xaneiro, organizouse un concurso de tarxetas, onde participaron 16 rapaces con idades entre 5 e 12 anos, o tema tratou sobre o Nadal, nomeouse un xurado composto por 4 persoas, para ditaminar a tarxeta gañadora, a que se lle fixo entrega dunha tablet , tódolos tiveron un obsequio e unha merenda; con tódalas tarxetas fíxose un calendario que se e repartiu a tódolos veciños do pobo.
Papa Noel.- Preparamos unha carroza engalanada con motivos navideños e disfrazamos a un veciño de papa Noel, chegamos a praza do pobo as 19:00 horas e o papa Noel repartiu regalos a tódolos nenos do pobo que un a un subiron a carroza.


Volver
 
14/11/2015 MAGOSTO 2015

Organizamos o tradicional Magosto o sábado día 14 de novembro no campo da festa, no que participaron máis de 150 persoas, entre veciños, invitados e rapaces, comezamos  as 14:30 horas, coma tódolos anos, co tradicional xantar do Magosto, cun menú consistente en, churrasco, críollos,  panceta, castañas, bica, viño novo, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces e invitados. Asistiron o Alcalde e Concelleiros da oposición..
Pola tarde, dende as 17:00 as 23:00 horas contamos coa actuación dun DJ, que nos puxo a bailar a nenos e maiores facendo un descanso para cear as 21:30 horas.


Volver
 
24/10/2015 XXVII SEMANA CULTURAL

Celebrámola os días 24, 25 e 31 de outubro e o dia 1 de novembro, na que pretendemos desenrolar unha serie de actividades lúdicas, culturais e deportivas, dirixidas tanto a xoves como a maiores, co obxectivo de potenciar a convivencia e o compañeirismo, e ó mesmo tempo recuperar antigas tradicións.

  • Concurso de debuxo, tema “O Nadal”.

  • Concurso de redacción, tema “O Entroido”.

  • Triangular de fútbol saa xuvenil.

  • Campionato de chave, infantil, xuvenil e adultos.

  • Xogos de mesa, adultos (tute,subastado e dominó).

  • Campionato de fútbolin.

  • Xogos para rapaces (turra-soga, pita cega, carreira de sacos, etc.).

  • Obradoiro de cabazas.


Volver
 
10/10/2015 V FESTA DOS CALLOS

Celebrémola o día 10 de outubro no campo da festa, cun xantar de irmandade a base lacón asado, mexillóns, callos, bica, viño da terra, café e licores, coa finalidade de xuntar cartos para axudar a sufragar as festas de San Brais do 2016, participaron 176 persoas entre veciños, invitados e rapaces, o prezo foi de 10 euros para socios, 12 para non socios e  gratis para os rapaces e invitados.
As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Volver
 
28/08/2015 DENUNCIA LIMPEZA VIARIA

 
Xa pasaron mais de cinco anos dende que a empresa Ecourense se fixo cargo da concesión, do servizo municipal de limpeza e volvemos ter que denunciar a falta de limpeza viaria que sofre o noso pobo o igual que todos os do rural.
Mostra dela son as fotos que lle axuntamos, onde se aprecia o estado lamentable das rúas das Curuxeiras e da Torre cheas de herbas por falta de limpeza de mantemento 3 a semana, e varrido mecánico 2 a semana, así coma do pavimento da rúa da torre cheo de graxa que leva así mais dun ano, que non dicir dos alcorques dos arbores e dos sumidoiros cheos de herba.
Na actualidade a empresa esta realizando un plan de limpeza intensiva da cidade, que a nos parécenos correcto, tiña que estar sempre así, pero no noso pobo seguimos sufrindo a falta de limpeza viaria que segun o contrato nos corresponde, pero que si pagamos.
E por se non fora pouco, o Concello ninguneanos o non contestarnos as nosas peticións:
O día 7 de abril de 2014 solicitamos certificación de silencio administrativo o vencer o prazo no que o órgano administrativo debeu ditar resolución a solicitude presentada por esta asociación, con número de rexistro do Concello de Ourense 2013053405 de data 13.12.2013, expediente nº2013014461, sobre o incumprimento sistemático da frecuencia de limpeza semanal por parte da empresa adxudicataria.
En Xuño de 2014 presentamos unha reclamación a Comisión Municipal de Queixas e Suxerencias, expediente 2014009671 que aínda non se nos contestou, como tampouco se lle remitiu a documentación solicitada polo Defensor do pobo en relación coa nosa denuncia presentada ante el sobre este tema.
Volvemos a, recordarlle que as bases de contratación do servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos do Concello de Ourense din que ós núcleos rurais correspóndelle o nivel de limpeza 3, que segun o cadro de frecuencias semanais é de:2 veces varrido manual, 1 vez varrido de mantemento, 1 vez varrido mecánico de beiarúas, 1 vez varrido mecánico de calzadas e 1 vez baldeo mecánico de calzadas.
Por todo esto,Solicitamos o Concello:
1º Se proceda a limpeza inmediata das rúas do pobo.
2º Se nos emita o certificado do silencio administrativo que nunca se nos remitiu.
3º Se nos conteste por parte da Comisión Municipal de Queixas e Suxerencias a nosa reclamación.
4º Que a partir desta data se lle esixa a empresa que cumpra coas frecuencias semanais.
 
 
 
 


Volver
 
23/06/2015 NOITE DE SAN XOAN 2015

Realizámola coma sempre a noite do 23 de xuño, na zona recreativa das Bombarreiras, empezamos as oito do serán a carretar as parrillas, taboleiros, e todo o material necesario para facer unha cea campestre a luz da lúa para mais de 120 persoas entre rapaces e maiores.
As 21:30 horas empezamos a dar conta das sardiñas asadas, churrasco, chourizos, pan e viño da terra, rematamos as 23:30 horas e prendemos a tradicional fogaza con madeira que previamente tiñamos amontoada, procedente da limpeza dos arbores do comunal, que saltaron a partir das doce da noite os mais atrevidos, todo isto acompañado dunha queimada e de boa musica ata altas horas da mañá. O prezo foi de 10 euros para socios, 12 para non socios e gratis para os rapaces.
Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Ourense.


Volver
 
13/06/2015 VIAXE CULTURAL A VIGO E BAIONA

Este ano realizamos a excursión o día 13 de xuño, a  Baiona,  saímos das Curuxeiras as 9:00 da maña, un total de 32 persoas, fixemos unha parada de media hora na Cañiza para almorzar e chegamos a Vigo as 11:00, visitamos o Castro e a Pedra.
As 13:30 emprendemos marcha para Baiona, as 14:00 horas xantamos no restaurante Os da Ponte, e unha vez rematamos,  visitamos a vila de Baiona, para as 19:30 coller o autobús e emprender regreso, paramos a merendar na Caniza e chegamos as Curuxeiras pasadas as 22:00 horas. O prezo foi de 30 euros por persoa adulta os rapaces gratis.
Este viaxe cultural foi subvencionado polo Concello e Deputación de Ourense.


Volver
 
09/05/2015 V ANDAINA STA MARIÑA CURUXEIRAS



Por quinto ano consecutivo organizamos esta andaina conxuntamente coa asociación de veciños de Santa Mariña, o día 9 de maio, na que tomaron a saida as 11 horas, dende campo da festa das Curuxeiras mais de 150 participantes, que foron obsequiados cunha gorra conmemorativa, entre os participantes atopábanse  varios Concelleiros que estaban invitados a mesma.                                                                  
A andaina descorreu sen incidentes, chegando tódolos participantes o punto de meta, fixéronse dous percorridos, un de 10 km (verde) no que participaron a maioría e outro de 15 km (roxo) no que participaron 40 persoas, en ambos percorridos houbo un punto de avituallamento, situado no restaurante Pazo de Monterrei.
Unha vez rematada a andaina, as 13:30 horas e xa no campo da festa de Santa Mariña, ofrecéuselle os participantes un xantar campestre, a base de empanada, lacón cocido, tortilla, fiambres, pan, viño, cervexa e refrescos. Os percorridos foron:
Verde: Curuxeiras, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Pazo de Monterrei, Cemiterio, Belmonte, O Picouto e Santa Mariña.
Roxo: Curuxeiras, Zaín, Bemposta, San Sillao, Autos González, Pazos de San Clodio, A Medorra, Pazo de Monterrei, Campo de Golf, O Picouto e Santa Mariña.
Esta andaina foi subvencionada polo Concello e Deputación de Ourense.


Volver
 
25/04/2015 DIA DO SOCIO



Celebrámolo o sábado día 25 de abril, a partir das 13:30 horas no campo da festa debaixo da carpa que temos instalada, este ano cumpríronse 27 anos dende a fundación da asociación, os actos que se levaron a cabo foron os seguintes

  • Exposición fotográfica XXVII aniversario.-  As 13:30 horas, expúxose unha serie de fotografías das actividades realizadas durante o último ano en paneis colocados no lugar do xantar.

  • Recepción de Autoridades.-  Estaban invitados o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación, asistiron o acto o Subdelegado do Goberno a Concelleira de Participación Cidadá  María Devesa e os Concelleiros María Belén Iglesias e José Luís Valcarce.

  • Entrega de placa os socios predilectos .-  Fíxose entrega dunha placa conmemorativa aqueles socios que levando mais de 25 anos na asociación, sempre mantiveron un vinculo permanente de colaboración coa mesma, recaendo este ano en Don Manuel Rodríguez Álvarez e Don Óscar García Casares, fixeron entrega das mesmas o Presidente da Asociación e o vogal Abilio Meixeira.

  • Xantar do socio.-As 14:30 horas, coma tódolos anos, celebrouse o tradicional xantar do socio, no que participaron 152 comensais, cun menú consistente en polbo a feira, carne o caldeiro, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo da entrada foi de 5 euros para os socios e gratis para os rapaces.

  • Festa popular.-As 18:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun DJ, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear.


Esta actividade foi subvencionada polo Concello e Deputación de Ourense.


Volver
 
11/03/2015 11-M 2015

O día 11 de marzo, organizamos como tódolos anos o acto homenaxe as vitimas do 11-M, este o 11 aniversario daquel brutal atentado perpetrado en Madrid as 07:40 horas, aproveitando a gran afluencia de persoas que ian a traballar ou o colexio.
Un día triste onde asasinaron a 192 persoas, onde houbo centos de feridos, moitos deles con graves secuelas fisicas ou psiquicas, que non queremos olvidar, por eso tódolos anos lle facemos un homenaxe en recordo dos falecidos , feridos e familiares.
Os acto comezou as 19:30 horas e consistiu nunha alocución do presidente, unha ofrenda floral depositando un ramo de flores na base do monolito en memoria das vitimas e dous minutos de silencio.
O acto asistiron o Alcalde do Concello de Ourense, o Vicepresidente da Deputación provincial, o Subdelegado de Defensa, Concelleiros do PSOE e PP, Presidentes de asociacións veciñais, e veciños; unha vez rematado o acto convidouse a tódolos participantes a uns pinchos na cafetería social.


Volver
 
14/02/2015 ENTROIDO 2015

Entroido
Organizamos o tradicional Entroido os días 14, 15 e 17 de febreiro dirixidas a tódolos veciños co obxectivo de fomentar a unión entre todos e a recuperar antigas tradicións,coa seguinte programación:
Sábado 14 de febreiro:
Xantar do Entroido.- As 14:15 horas, coma tódolos anos, celebramos o tradicional xantar do Entroido, no que participaron 135 comensais, cun menú consistente nun cocido de grelos con lacón cachucha e chourizos, viño da terra, pan do pais, bica, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces, unha vez rematado o xantar tivemos a actuación dun grupo musical.
Festa popular.- As 19:00 horas, organizamos unha festa popular coa actuación dun grupo musical, onde participaron tódolos veciños, achegados e amigos que o desexaron, e que foron invitados a cear o cocido que sobrou a mediodía.
Domingo 15 de febreiro:
Por terceiro ano consecutivo, participamos no desfile de comparsas do Entroido do Concello de Ourense, para o que decoramos a carroza simulando unha lareira e o disfraz elexido foi o de pobo dos anos sesenta. participamos 44 compoñentes entre maiores e nenos.
Martes 17 de febreiro:
Aproveitando que xa tiñamos a carroza feita, decidimos participar no desfile de Entroido da Valenzá.
Esta actividade foi subvencionada pol Concello de Ourense.


Volver
 
03/02/2015 FESTAS SAN BRAIS 2015

Como xa é tradicional, un ano mais a asociación de veciños Laxas, organizou as festas patronais do pobo das Curuxeiras 2015, cunha serie de actividades ludicas e festivas dirixidas os veciños e visitantes de tódalas idades, nos campionatos hobo prmios para os tres primeiros clasificados, consistentes en lacons, cachuchas e chourizos:
Sabado 10 de xaneiro, as 20:00 horas, campionato de futbolin onde participaron 10 parellas, na metade da partida fixose un recesso para cear, invitados pola organización.
Sabado 17 de xaneiro as 14:30 horas, campionato de tute, no que participaron 14 parellas polo sistema de eliminatorias.
Venres 23 de xaneiro as 20:00 horas, campionato de mus, no que participaron 12 parellas polo sistema de eliminatorias.
Sabado 24 de xaneiro as 16:30 horas, campionato de subastado, no que participaron 14 parellas polo sistema de eliminatorias.
Domingo 25 de xaneiro as 17:00 horas, campionato de tute femenino, no que participaron 8 parellas.
Venres 30 de xaneiro, as 22 horas cea de San Brais, cunha asistencia de mais de 100 persoas, o menu consistiu nun bo cocido de repolo, unha vez que rematamos os postres amenizounos cunha boa verbena o grupo D´Momento.
Sabado 31 de xaneiro, empezamos as 9:30 horas co tradicional pasaruas coa charanga "Entre amigos" as 17:00 horas realizouse un campionato de chave femenino, con premios para as tres primeiras clasificadas. as 20:00 horas contamos coa actuación da orquestra "Panamá" que nos amenizou ata a hora de cear, as 24:00 horas a pirotecnia "La Gallega" deleitounos cunha gran tirada de fogos de artificio, para continuar cunha verbena impresionante a cargo da orquestra "Ledicia", ata altas hoas da madrugada.
Domingo 1 de febreiro, as 13:00 horas tivemos a tradicional misa e procesión do noso patrón San Brais, para continuar cunha explendida sesión vermout a cargo da orquestra "Ledicia" pola tarde as 15:00 horas organizouse un campionato de chave masculino, onde participaron 30 chaveiros, con premios para os tres primeiros clasificados, as 19:30 horas deu comenzo a festa coa actuación da orquestra "Ledicia" que nos deleitou ata as 23:30 horas.
Martes 3 de febreiro, dia propio de San Braisas o que lle tivemos unha misa as 19:30 horas, para  seguir coa actuacion dun grupo musical ata as 23:00 horas onde remataron as festas de San Brais.


Volver
 
06/01/2015 NADAL 2015

Como todolos anos realizamos unha serie de actividades dirixidas as mais pequenos, dende que lle dan as vacacións ata o día de reis:

  • Montaxe do Belén.- O día 20 de decembro os nenos do pobo coa supervision de membros da xunta directiva realizaron a montaxe do belen no lavadoiro público.

  • Concurso de tarxetas do Nadal. Realizouse un concurso de tarxetas cos nenos do pobo, participaron 17 e coas traxetas fixeronse calendarios que se repartiron entre os veciños.

  • Visita do papa Noel.- O día 24 de decembro adornamos unha carroza con papa Noel incluido e compramos regalos para todolos rapaces e as sete da tarde paramos no pobo e o papa Noel repartir un regalo a cada neno.

  • Luces do Nadal nas rúas.- Intalaronse a traves dunha empresa tres arcos de luces con motivos de Nadal na rúa principal do pobo.


Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Ourense.


Volver
 
08/11/2014 MAGOSTO 2014

Organizamos o tradicional Magosto o sábado día 8 de novembro no campo da festa, no que participaron máis de 150 persoas, entre veciños, invitados e rapaces, comezamos  as 14:00 horas, coma tódolos anos, co tradicional xantar do Magosto, no que participaron 150 comensais,  cun menú consistente en, churrasco, críollos, chourizos, panceta, castañas, viño novo, café e licores, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces. Asistiron a Concelleira de Participación Cidada e varios concelleiros da oposición.
Pola tarde, dende as 17:00 as 23:00 horas contamos coa actuación dun DJ, que nos puxo a bailar a nenos e maiores facendo un descanso para cear as 21:30 horas.


Volver
 
31/10/2014 XXVI SEMANA CUTURAL

Realizouse os días 25, 26, e 31 de outubro e o 1e 2 de novembro, cunha  serie de actividades culturais, recreativas e deportivas nas que participaron de forma masiva maiores, xoves e nenos:
Concurso de debuxo.-
Participaron coma tódolos anos a totalidade dos nenos do pobo 16, divididos en duas categorías (de5 a10, e de11 a15 anos). O tema foi  “O Nadal”, realizouse en formato folio, os materiais entregados foron ceras e carboncillo, houbo regalos para tódolos participantes.  
Redacción.-
Participaron o mesmo número de rapaces que no debuxo e nas mesmas categorías. O tema elixido foi  “O teu Pobo”, con regalos para tódolos participantes.
Xogos de mesa.-
Actividade dirixida ós maiores, na que participaron 16 parellas, en xogos coma o tute, subastado, brisca e dominó, entregáronse premios os campións de cada xogo.
Xogos infantís.-
Realizase co obxectivo de potenciar a unión e o compañeirismo entre os rapaces, e ó mesmo tempo recuperar xogos tradicionais como: a billarda, tira-soga, carreira de sacos, etc., participaron a totalidade dos rapaces do  pobo.
Obradoiro de cabazas de Samaín.- Realizouse por segundo ano consecutivo, no local social, facilitándolle os rapaces unha cabaza a cada un, así como os materiais para poder vacialas e as velas para colocar no interior, pola noite colocaronnas nas rúas do pobo e despois obsequiouse cunha merenda a tódolos participantes
 
Campionato de futbolín.-
Participaron 10 parellas de rapaces, déuselle un obsequio a cada participante e un premio os gañadores.
Futbol Saa.-
Organizouse un campionato no que participaron 4 equipos de categoría sénior, entregóuselle un obsequio a cada xogador e un trofeo os dos primeiros clasificados.
Campionato de chave .-
Realizouse no campo da festa no que participaron  30 chaveiros, incluído o noso equipo, entregáronselle trofeos ós tres primeiros e un detalle a tódolos participantes, e ó remate ofrecéuselles un viño español na cafetería social.


Volver
 
04/10/2014 IV FESTA DOS CALLOS

Celebrouse o día 4 de outubro no campo da festa, cun xantar de irmandade a base entremeses, callos, bica, viño da terra, café e licores, coa finalidade de xuntar cartos para as festas de San Brais, participaron 136 persoas entre veciños, invitados e rapaces, o prezo foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e  gratis para os rapaces.
Pola tarde a partir das 17:00 horas tivemos unha festa popular cua actuacion dun DJ, a noite as 22:00 horas volvemos sentarnos a cear para acabar cos callos que quedaban, rematouse a festa pasada a media noite.


Volver
 
04/10/2014 VIAXE CULTURAL

A asociacion de veciños Laxas, realizou unha viaxe cultural o día 13 de setembro a Combarro, saiuse as 08:30 horas das Curuxeiras un total de 26 persoas, parouse media hora a almorzar na Cañiza, chegouse a Combarro as 11:00 horas e realizouse unha visita polo núcleo etnografico de Combarro, as 13:30 horas desprazamonos o restaurante Ancla entre Combarro e Raxó, xantamos unha boa mariscada e unha parrillada de peixe e as 16:00 horas emprendemos viaxe ata Samíl (Vigo) donde se lle deu tempo libre, as 19:30 emprendemos viaxe de regreso, parando na Cañiza para merendar, chegamos as Curuxeiras as 21:45 horas. 


Volver
 
23/06/2014 SAN XOAN 2014

 
A asociación de veciños Laxas, celebramos o lunsdia 23 de xuño a partir das 21:30 horas a noite de San Xóan.
Participarón na cea mais de 120 persoas, entre adultos, nenos e invitados, un pouco inferior a do ano pasado, pois foi domingo e o luns era festivo, pero contentos de tódolos xeitos.
Empezamos as 18:30 horas, subindo o material necesario para a zona deportiva das Bombarreiras, intalación de puntos de luz, parrillas, televisións para ver o partido da selección contra Australia, instalación da mangueira de auga para a gogata, etc., as 21:00 horas, encendemos as parrillas, para asar as sardiñas (30 kilos) e a un bo precio 12 euros  e a costela de porco (50 kilos); para empezar a cear as 22:00 horas, tamén se comeron chourizos o viño e uha boa bica feita pola Manola do Cumial o viño, esta vez correu a cargo do Severo e do Arturo.
Acabamos de cear as 23:00horas, e procedeuse a encender a fogata de San Xóan, alimentada con mobles traidos polos veciños e rama de piñeiros que tiñamos apilada dende o sábado para a ocasión, todo esto co permiso correspondente do Concello, e as medidads de seguridade necesarias.
Todo esto acompañado de boa musica, e dando conta das bebidas servidas no pequeno bar que montou o Alberto, que e o que ten a concesión da Cafetería social, despois de pasalo ben plegamos alas sendo mais ala das duasda mañá.


Volver
 
13/06/2014 DENUNCIA LIMPEA VIARIA CURUXEIRAS

Esta  asociacion, remitiulle no mes de xaneiro, un escrito o Concello, denunciando a situación de sucidade na que se atopa o noso pobo en relación coa limpeza viaria, que debe realizar a empresa concesionaria do servizo,
No mes de abril, tras cumprirse tres meses sen contestación, solicitamos certificación do silencio administrativo producido, sen que ata a data se nos axa contestado; no mes de maio tivemos unha reunión co Concelleiro, o xefe do servizo, e os dous inspectores, onde puido comprobar o estado lamentable no que se atopaban as rúas do pobo, chegando a un compromiso de que se limparían de inmediato.
Xa pasou un mes desa reunión, e volvemos ter que denunciar a falta de limpeza no pobo: a rúa de Pazos, desbrozouse fai unha semana e a rúa da Pineireira segue sen desbrozar, as beiarrúas da rúa das Curuxeiras seguen sen limpar dende que o fixemos nos no mes de marzo, e as demais levan sen limpar dende maio.
Nin varredoras mecánicas, nin baldeadora nin as limpezas de mantemento semanais,nin limpeza de contedores, un incumprimento total e absoluto. Axúntolle fotografías actuais, para que vostede comprobe o nivel de limpeza existente.
 Por todo isto, solicitamoslle o Concello, que de forma inmediata:
1º.- Que se dean as ordes oportunas a empresa concesionaria do servizo, para que dunha vez empecen a cumprir coas frecuencias semanais de limpeza que esixe o contrato.
2º.- Se nos remita a certificación de silencio administrativo, tal e como contempra a lei 30/92 de procedemento administrativo.


Volver
 
10/05/2014 IV ANDAINA SANTA MARIÑA - CURUXEIRAS

Por cuarto ano consecutivo, organizamos a IV Andaina entre os pobos de Santa Mariña do Monte e as Curuxeiras, a saida deuse no campo da festa de Santa Mariña as 11:00 horas con mais de 120 participantes os que se lle obsequiou cunha gorra.
houbo dous percooridos un denominado verde de 10 kilometros que transcoreron por Cotoriño, As Curuxeiras, Belmonte, Cemiterio, Pazo de Monterrei, a Medorra, Pazos de San Clodio e Curuxeiras; e outro denominado roxo de 16 kilometros que transcoreron por Cotoriño, as Curuxeiras, Picouto, Canpo de golf, Pazo de Monterrei, a Medorra, Pazos de San Clodio, Sansillao, Bemposta, Zaín e Curuxeiras.
En ambos percorridos oubo un punto de abituallamento no Pazo de Monterrei, onde nos invitaron a un almorzo a base de auga,refrescos, fruta e bocadillos;  o final dfa andaina invitouse a tódolos participantes a un xantar campestre a base de empanada, tortilla, lacon asado, fiambres varios, cervexa, viño, auga e refrescos.


Volver
 
26/04/2014 DIA DO SOCIO 2014

O sábado día 26 de abril, coma tódolos anos, celebramos o día do socio a partir das 13 horas no campo da festa debaixo da carpa que temos instalada: iste ano houbo unha serie de actos para homenaxear aqueles socios ou persoas de fora, que levan contribuindo co seu esforzo desinteresado polo ben desta asociación, posteriormente demos conta do menú preparado para a ocasión, que este ano foi polbo a feira, carne o caldeiro, bica, viño da terra, cafe e licores, o rematar houbo xogos para os mais pequenos e unha festa popurar amenizada por un DJ. Os actos foron os seguintes:
13:00 h. Exposicion fotografica XXV aniversario.- Expuxose unha serie de fotografias das actividades realizadas no último ano.
14:00 h. Recepción de Autoridades.- Estan invitados o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación.
14:05 h. Entrega de placa os socios.- Fixose entrega dunha praca conmemorativa aqueles socios con mais de 25 anos dende a fundación da asociación.
14:10 h. Nomeamento de socio de honra.-


Volver
 
21/04/2014 ESCRITO DENUNCIA O CONCELLO SOBRE A LIMPEZA VIARIA

O pasado sábado día 19 de Abril, cansados de remitir escritos o Concello para que lle esixa a empresa concesionaria a limpeza viaria completa do noso pobo, e dada a proximidade da celebración do día do socio, sábado 26 de abril, decidimos limpar cos nosos medios as beirarúas da rúa das Curuxeiras, para que as persoas que asistan os actos, non se leven unha mala imaxe do pobo


Volver
 
11/03/2014 11-M 2014

Un ano mais, organizamos na praza de San Brais das Curuxeiras o día 11 de marzo, o acto homenaxe as victimas do terrorismo, en especial as falecidas o 11 de marzo de 2004 en Madrid, o acto comezou cunhas palabras do presidente, unha ofrenda floral a cargo dos nenos do pobo e dous minutos de silencio.
Asistiron o Vicepresidente da deputación, o Subdelegado do Goberno, o subdelegado de Defensa, os concelleiros do PP e PSOE, presidentes de asociacións veciñais e veciños en xeral, unha vez rematado o acto invitouse a tódolos asistentes a uns pinchos na cafetería social.


Volver
 
11/03/2014 ESCRITO DENUNCIA LIMPEZA

A asociación de veciños, despois de soportar que a empresa concesionaria do servizo de limpeza segue sin cumprir a frecuencia semanal de limpeza de mantemento que lle esixxe as bases de contratación, e que o Concello non a obriga coa suficiente contundencia e nin sequera nos contesta os escritos e polo que volvemos a remitir o Concello e os medios de comunicaciónoutro escrito denuncia.
Tal foi o nos cabreo que vendo que non nos viñan limpar as rúas para as festas de San Brais que celebramos a principios de febreiro, optamos por limpar as rúas nos, para que os visitantes que veñen neses dias a disfrutar das festas non visen a imaxe dep,lorable que presentaba o pobo.
Por último e espois de pasar 3 meses sin contestar o escrito denuncia que remitimos o Concello o día 13 de decembro de 2013, optamos por solicitar o Concello un certificado do sillencio administrativo, para poder ir os tribunais.


Volver
 
05/10/2013 III FESTA DOS CALLOS

A Asociación de Veciños Laxas, celebramos por terceiro ano consecutivo a Festa dos callos, na que participaron mais de 160 persoas entre veciños, amigos, e rapaces.
Tamén asistiu o Alcande, a Concelleira de Participación Cidadá e os Concelleiros do PP, Valcarce e Pepe Araujo, o menú consitiu nunhas boas tapas de xamón, mexillons o vapor e os tipicos callos, servidos nunhas tarteiras de barro grabadas co anagrama da asociación e co distintivo da III festa dos callos, que unha vez rematado o xantar regalouselle os participantes; tamén houbo bica, cafe e licores.
Despois de rematado o xantar, contamos coa actuación dun grupo musical que nos amenizou toda a tarde, para as 21:30 horas volver dar conta dos callos que non demos comido a mediodia.
Agradecemoslle a colaboración de todos aqueles veciños e amigos que nos votaron unha man a xunta directiva, para que todo saira fenomenal.


Volver
 
04/08/2013 Denuncia incumprimentos no servicio de limpeza no pobo das Curuxeiras



A asociación de veciños Laxas, remitiu sendos escritos o Concello de Ourense, denunciando o incumprimento da empresa de limpeza  en relacion os contedores de lixo e a limpeza viaria no pobo das Curuxeiras:
CONTEDORES: Como continuación o noso escrito de data 11.06.2013, sobre a necesidade de substituír  3 contedores, situados no pobo das Curuxeiras por outros novos, debido a que están rotos, presentando un estado lamentable.
As bases de contratación do servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos do Concello de Ourense di que o adxudicatario deberá proceder o mantemento permanente da totalidade dos contedores destinados a recollida de residuos, tamén estará obrigado a substituír os contedores que no podan ser reparados no seu emprazamento, todo isto nun prazo máximo de 24 horas a partir da detección da deficiencia e de non ser posible deberá proceder a substitución por outro en condicións normais de funcionamento. e con respecto a limpeza dos mesmos, será cada 15 días de abril a outubro e cada  mes o resto do ano.
Como podemos demostrar, dende o mes de xuño que puxemos en coñecemento desa concellería o deterioro de 3 contedores, pasaron mais de 60 días, e ainda non se substituíron e con respecto a limpeza dos mesmos, os veciños do meu pobo xa case non recordan cando foi a última vez que os limparon.
 Por todo elo, esiximos, que de forma inmediata se proceda a substitución dos 3 contedores e que a partir de aí, se lle esixa a empresa o cumprimento estrito da limpeza dos mesmos. Axuntase plano da situación dos mesmos e fotos do estado actual no que se encontran.
LIMPEZA: No mes de xuño pasado, remitimos un  escrito no que poñiamos de manifesto a necesidade de proceder a limpeza das rúas do pobo das Curuxeiras, que levan sen limpar dende as festas patronais celebradas a principios de febreiro, presentando un estado lamentable; así como a limpeza das reixas existentes en distintas rúas, que están cheas de arena arrastrada polas choivas e que en algúns casos non cumpren a súa función, permitindo que as augas causen estragos innecesarios.
As bases de contratación do servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos do Concello de Ourense di que ós núcleos rurais correspóndelle o nivel de limpeza 3, que según o cadro de  frecuencias semanais é de: 2 veces varrido manual, 1 vez varrido de mantemento, 1 vez varrido mecánico de beirarúas, 1 vez varrido mecánico de calzadas e 1 vez baldeo mecánico de calzadas.
Como se pode demostrar, dende o mes de xaneiro ata o de setembro (8 meses),a empresa de limpeza sómente limpou as rúas e beirarúas do pobo das Curuxeiras, unha única vez, contravindo as bases de contratación de forma descarada; e o peor disto e que por parte dos responsables técnicos e políticos de vixiar o cumprimento do contrato non se toman as medidas o suficientemente contundentes para que isto non suceda.
Por todo isto, esiximos, que de forma inmediata se proceda a unha limpeza urxente das rúas e beirarúas do pobo das Curuxeiras; e a partir de aí, se esixa o cumprimento estrito das frecuencias semanais de limpeza que nos corresponden según o nivel 3. De non ser así, verémonos na obriga de denunciar a través dos medios de comunicación a tremenda inxustiza que se esta cometendo coa limpeza dos núcleos rurais do Concello de Ourense.
Axúntanse planos das zonas que necesitan dita limpeza, así como fotos do estado deplorable no que se encontran.


Volver
 
10/11/2012 SAN MARTIÑO 2012

A asociacion de veciños Laxas, celebrou o tradicional magosto o sábado  día 10 de novembro, cun xantar a base de mexillons, churrasco, panceta, chourizos, bica e viño da terra donado esta vez por Don Arturo Casares, veciño do pobo.
Participaron no xantar 136 persoas, choveunos toda a tarde, pero como temos unha carpa fabulosa poidemos disfrutala coa boa musica de disco mobil Armonia, chegadas as dez da noite, e ruxindo xa o rato no bandullo, montamos uns taboleiros e puxemos a cear o que nos sobrou a mediodia, porque sempre sobra ? Porque será?; pero unha vez demos conta das sobras, outra vez a bailar e disfrutar ata ben pasada a medianoite.
Podedes disfrutar das fotos na nosa galeria, non podemos ofrecervos videos, por un problema tecnico que intentaremos solucionar o mais asiña posible.
 
 


Volver
 
20/10/2012 II FESTA DOS CALLOS



A Asociacion de veciños Laxas, celebrou a 2ª festa dos callos, o sábado día 21 de outubro , o xantar asistiron mais de 150 persoas que degustaron aparte dos tipicos callos, salmón afumado e xamon. bica caseira e viño da terra.
Os mais cativos, preparouselle uns macarrons con carne e unhas hamburguesas. E o segundo ano que se celebra esta festa, que ten unha gran acollida, pasando dos 110 comensales da primeira edición a mais dos 150 desta.
O prezo do xantar foi de 10 euros para os socios, 12 para os non socios e gratis para os rapaces menores de 16 anos. 


Volver
 
15/09/2012 EXCURSION A GUARDA

A Asociación de veciños Laxas, realizou a excursióan anual o pasado día 15 de setembro, parrticiparon na mesma trinta e sete veciños que se desplazaron en autocar dende as Curuxeiras ata as vilas da Guarda, Tui e Valenca do Miño (Portugal).
A saida foi as oita da maña con parada na Cañiza para almorzar, visitamos o monte de Santa Tegra (A Guarda), o santuario de San Damián (O Rosal) a vila de Tui onde xantamos (restaurante Don Sancho) e pola tarde visitamos a Fortaleza (Valenca do Miño), as 19:30 collemos o autocar de regreso as Curuxeiras, donde chegamos as 21:30 horas.
 


Volver
 
06/10/2018

FESTA DOS CALLOS 2018

23/06/2018

SAN XOAN 2018

02/06/2018

VIAXE CULTURAL 2018

05/05/2018

VIII ANDAINA STA MARIÑA-CURUXEIRAS

28/04/2018

DIA DO SOCIO E SEMANA CULTURAL 2018

11/03/2018

11-M

10/02/2018

ENTROIDO 2018

03/02/2018

FESTAS SAN BRAIS 2018

 

 

05/01/2018

NADAL 2018

11/11/2017

MAGOSTO 2017

30/10/2017

SEMANA CULTURAL 2017

07/10/2017

FESTA DOS CALLOS 2017

23/06/2017

SAN XOAN 2017

10/06/2017

VIAXE CULTURAL 2017

06/05/2017

VII ANDAINA STA. MARIÑA-CURUXEIRAS 2017

29/04/2017

DIA DO SOCIO 2017

25/02/2017

ENTROIDO 2017

03/02/2017

SAN BRAIS 2017

02/01/2017

NADAL 2017

12/11/2016

MAGOSTO 2016

08/10/2016

VI FESTA DOS CALLOS

23/06/2016

SAN XOAN 2016

04/06/2016

VIAXE CULTURAL 2016

07/05/2016

VI ANDAINA SANTA MARIÑA CURUXEIRAS

30/04/2016

DIA DO SOCIO 2016

06/02/2016

ENTROIDO 2015

20/01/2016

FESTAS SAN BRAIS 2016

24/12/2015

NADAL 2015-2016

14/11/2015

MAGOSTO 2015

24/10/2015

XXVII SEMANA CULTURAL

10/10/2015

V FESTA DOS CALLOS

28/08/2015

DENUNCIA LIMPEZA VIARIA

23/06/2015

NOITE DE SAN XOAN 2015

13/06/2015

VIAXE CULTURAL A VIGO E BAIONA

09/05/2015

V ANDAINA STA MARIÑA CURUXEIRAS

25/04/2015

DIA DO SOCIO

11/03/2015

11-M 2015

14/02/2015

ENTROIDO 2015

03/02/2015

FESTAS SAN BRAIS 2015

06/01/2015

NADAL 2015

08/11/2014

MAGOSTO 2014

31/10/2014

XXVI SEMANA CUTURAL

04/10/2014

IV FESTA DOS CALLOS

04/10/2014

VIAXE CULTURAL

23/06/2014

SAN XOAN 2014

13/06/2014

DENUNCIA LIMPEA VIARIA CURUXEIRAS

10/05/2014

IV ANDAINA SANTA MARIÑA - CURUXEIRAS

26/04/2014

DIA DO SOCIO 2014

21/04/2014

ESCRITO DENUNCIA O CONCELLO SOBRE A LIMPEZA VIARIA

11/03/2014

11-M 2014

11/03/2014

ESCRITO DENUNCIA LIMPEZA

05/10/2013

III FESTA DOS CALLOS

04/08/2013

Denuncia incumprimentos no servicio de limpeza no pobo das Curuxeiras

10/11/2012

SAN MARTIÑO 2012

20/10/2012

II FESTA DOS CALLOS

15/09/2012

EXCURSION A GUARDA